Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

FINALIZADAS AS XORNADAS DE DRONS E REALIDADE VIRTUAL PARA A RAPAZADA DE APNED EN BARREIROS

Data de publicación: 
xoves, 28 Agosto, 2025 - 14:21

O Concello de Barreiros, a través da súa aula CeMIT, organizou durante as últimas semanas unhas xornadas tecnolóxicas para as rapazas e rapaces da Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Discapacidade da Mariña de Lugo (APNED).

A rapazada asistiu a un taller de pilotaxe de drons onde tivo a oportunidade de coñecer as partes fundamentais destas aeronaves non tripuladas, a normativa pola que se rexen as zonas de voo e, por suposto, experimentar a emoción de manexalos nun circuíto deseñado especialmente para a ocasión.  

Por outra banda, tamén asistiron a varias sesións con lentes de realidade virtual en 3D, nas que a rapazada puido mergullarse en novos mundos, explorar contornas  dixitais e gozar de experiencias totalmente inmersivas grazas ao equipamento da aula CeMIT.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de dinamización, Dani García, achegáronse ás xornadas para velas de primeira man e compartir a experiencia co alumnado.

Ermida destacou a importancia desta colaboración: "para nós é un orgullo poder colaborar con APNED, unha asociación que realiza un labor absolutamente fundamental na nosa comarca, ofrecendo un apoio crucial á cativada e ás súas familias. O seu traballo é encomiable e desde o Concello queremos seguir fortalecendo esta liña de cooperación".

Pola súa banda, o concelleiro de dinamización sinalou que "estas actividades permiten achegarlles a tecnoloxía dunha forma lúdica e accesible. Polo que, tanto a realidade virtual coma o manexo de drons, ábrenlles novas fiestras a posibles vocacións de cara a formarse e traballar con ferramentas innovadoras”.

As actividades foron organizadas desde a aula CeMIT do Concello de Barreiros que, grazas ao equipamento tecnolóxico co que conta, trata de aumentar o interese da rapazada polas profesións tecnolóxicas do futuro.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte