Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Unha exposición de xoguetes autómatas na que se poden atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos xeran sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dun manubrio ou dun pedal.
A idea desta exposición é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan.
Para que vos fagades unha idea mellor do que é esta exposición visionade o seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=3aLFYybFZAY
XIRA PAUS é un proxecto de Manu Taboada (xogueteiro da Chintofanería) e Ero Vázquez (titiriteiro e artesán de @trecolaproducions) que xurdiu co propósito de dar e poñer en valor o universo dos autómatas.
A actividade está organizada polo Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Exposición poderá visitarse este xoves, día 30 de setembro, no centro sociocultural de San Cosme en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.