Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Barreiros acolleu onte o seu tradicional Mercadiño no Nadal, unha cita que encheu a Praza do Concello de cor, produtos de proximidade e actividades. Máis de 30 postos participaron no evento, ofrecendo unha ampla variedade de artigos e delicias locais que atraeron un gran número de visitantes.
A alcaldesa, Ana Ermida, destacou o éxito da xornada: “Estes eventos reflicten o espírito colaborativo e o valor dos produtos de proximidade, reforzando a nosa identidade local e dinamizando o municipio no nadal”.
O evento contou co apoio da Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cuxa colaboración foi clave para o desenvolvemento da xornada.
Ademais, xa está dispoñible unha galería fotográfica con máis de 50 imaxes que captan os mellores momentos da xornada.