Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza unha excursión de fin de curso ao Parque Acuático de Cerceda dirixido as nenas e nenos que acadaron a finalización do curso 23-24 das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros.
As crianzas menores de 6 anos que desexen participar deberán vir obrigatoriamente acompañadas de persoa adulta responsable. Para as de maior idade o acompañamento será optativo.
Ademais, estarán acompañadas de persoal municipal.
A excursión terá un custo de 5 € por persoa participante (crianza ou adulto).
As nenas ou nenos participantes deberán levar roupa de baño para o seu uso na instalación (chancletas, bañador, toalla) e roupa de rúa para cambiarse.
Ademais, deberán levar o xantar.
A excursión contará cun seguro de accidentes.
INSCRICIÓNS
O último día para a entrega do formulario nas oficinas do Concello, acompañado do pagamento das taxas, será o día 2 de xullo ás 14.30 horas.
Nº de conta no que ingresar o importe da taxa: ES55-2080-0142-9031-1000-0019
Descargar o formulario de inscrición
Non se admitirá ningunha inscrición posterior a dito día e hora.