Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza un roteiro de sendeirismo para aquelas persoas que participaron no curso 23-24 das Escolas Deportivas Municipais para Adultas/os.
A actividade ten un custo de 25 euros por persoa e inclúe os desprazamentos e a comida, que se celebrará ao remate do roteiro no "HOTEL SAN BRIZ" da Pontenova.
As persoas que desexen participar deberán cubrir e entregar o formulario de inscición nas oficinas municipais xunto co xustificante de pagamento das taxas.
Para a realización da ruta deberán levar roupa e calzado cómodo.
A excursión contará cun seguro de accidentes.
INSCRICIÓNS
O último día para a entrega do formulario de inscrición e pagamento da taxa será o día 3 de xullo ás 14:30 horas.
Nº de conta no que ingresar o importe da taxa: ES55-2080-0142-9031-1000-0019
Descarga o formulario de inscrición
Non se admitirá ningunha inscrición posterior a dito día e hora.