Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ESTES DÍAS INICIASE A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA LU-133 AO SEU PASO POR VILAMAR E CABARCOS.

Data de publicación: 
martes, 21 Xuño, 2016 - 19:21

PARA FUENTE PARGA CONTRASTAN ESTES TRABALLOS FINANCIADOS POLA XUNTA DE GALICIA CO MAL ESTADO QUE PRESENTA A ESTRADA PROVINCIAL QUE VAI DE VILAMAR A SAN XUSTO E QUE “PRECISA DUNHA REXENERACIÓN TOTAL”. 

Estes días da comezo a segunda fase das obras de acondicionamento da LU-133 ao seu paso por Vilamar, en Barreiros. Trátase do treito comprendido entre o quilómetro 4 e a rotonda que enlaza coa estrada que vai a Trabada.

O alcalde, Alfonso Fuente, relatou que “en Barreiros estamos outra vez de noraboa. Viñamos anunciando no seu momento cando se fixo o aglomerado da estrada LU-133 que vai dende Vilamar e pasa por Cabarcos, o arranxo deses primeiros catro quilómetros que se fixeron ao longo do ano pasado preparándose as cunetas e todo en formigón. Quedábanos como eu xa anunciara, e xa lle pedira así á Xunta de Galicia, a segunda fase. Vaise iniciar a devandita fase co aglomerado desde o quilómetro catro ata a rotonda que une coa estrada que sube a Trabada”.

O rexedor sinalou que “era algo que tíñamos aí pendente de facer e que se vai iniciar nestes días, o que é o aglomerado. Quedará para máis adiante ir arranxando as cunetas, pero a capa de rodaxe vaise facer toda nova”.

Fuente Parga salientou que “é un feito facer esta segunda fase na estrada LU-133 e facer este segundo aglomerado que vai deixala lista ata a rotonda dado que moitos veciños da zona de Cabarcos utilizan este viario para baixar ao centro, a San Cosme, ou ben para saír cara a Trabada. É unha estrada que está a ser moi utilizada e tamén agora mesmo con moitos camións que saen do CAVI de  Irmandiños. Xa digo é un feito poder facer estas obras en dúas anualidades”.

O alcalde barreirense explicou que “pola contra atopámonos coa estrada da Deputación Provincial que nace tamén en Vilamar e que vai a San Xusto, unha estrada moi transitada por todos os veciños das parroquias da zona de San Xusto, que está nun estado pésimo. Levántase toda a estrada, necesitaba unha rexeneración total, un aglomerado total que ben se podía ter feito en fases como xa teño demandado nalgunha ocasión, pero nin unha primeira fase foron capaces de realizar. Está nun estado moi malo,  xa se está levantando o firme da estrada e o que se fai nalgúns casos é un bacheo, que pouco serve”.

Fuente Parga comentou que “os propios veciños ven con asombro como por un lado a Xunta de Galicia está a reparar os seus viarios e ademais con novos aglomerados, e pola contra nunha estrada, que é da Deputación Provincial, que non se actúa nela nin o máis mínimo. É algo que chama moito a atención”.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ADXUDICA A OBRA DE HUMANIZACIÓN DUN ESPAZO DE OCIO EN SAN COSME
ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR AS OFERTAS PARA A CUBERTA DO PAVILLÓN DE BARREIROS
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS NAS EXPLOTACIÓNS
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA OBRADOIROS DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR NOS DOUS CENTROS ESCOLARES
BARREIROS INICIA UN NOVO PROGRAMA DE APOIO ÁS FAMILIAS CON PERSOAS DEPENDENTES

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte