Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ESTE SÁBADO, 4 DE AGOSTO, CELEBRARASE O XXXVII FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL DO EMIGRANTE EN SAN MIGUEL DE REINANTE

Data de publicación: 
venres, 3 Agosto, 2018 - 08:28

Grupos de Tailandia, Siberia e Serbia participarán, xunto ao Arco da Vella, no Festival Folclórico Internacional do Emigrante que se celebrará este sábado, 4 de agosto, en San Miguel de Reinante.

O XXXVII Festival Folclórico Internacional do Emigrante celebrarase este sábado, 4 de agosto, en San Miguel de Reinante. No evento participarán grupos de Tailandia, Siberia e Serbia, ademais do local Arco da Vella. Hoxe, venres, terá lugar unha nova edición da Foliada na que a música tradicional galega será a protagonista. Aquí daranse cita as agrupacións Amado Lar, Amigos da Gaita e Arco da Vella. A presentación do evento tivo lugar onte no Concello de Barreiros.

Enrique Penabad do Arco da Vella anunciou que “os actos comezan o venres, día 3, cunha foliada popular onde pode vir calquera a tocar, bailar e pasar un rato con nosoutros escoitando música tradicional. O normal é que a xente do Arco da Vella toque máis que os demais, pero vai vir xente de Amado Lar do Valadouro, xente de Amigos da Gaita de Ribadeo e se aparece alguén imprevisto por alí, que xa ten ocorrido, cunha gaita axudámoslle nós co tamboril para tocar algo tamén. Comeza sobre as nove e media da noite e ata que o corpo aguante”.

Penabad engadiu que “o Festival Folclórico é o sábado, día 4, a partir das dez da noite no campo de fútbol. Este ano contamos cun grupo de Tailandia, un grupo de Siberia e outro de Serbia ademais do Arco da Vella. Unha vez que remate o festival haberá unha verbena, na praza do Souto, co grupo Lecer. Son dúas cousas complementarias, tanto a foliada como o festival. A idea orixinal sempre foi o Festival Folclórico, onde se procura traerlle aos espectadores folclore de distintas partes do mundo e de España, sempre se aprenden cousas vendo a estes grupos, na maneira de vestir, complementos e tipos de instrumentos. O complemento está na foliada que é única e exclusivamente con música tradicional, xa non hai esa obrigatoriedade de vestir o traxe tradicional senón un pouco máis por libre, pero sempre escoitar música con gaitas, pandereteiras, e calquera tipo de cantigas tradicionais de Galicia. Á xente que lle guste a música pode pasar o venres e o sábado disfrutando dela, non só como espectador senón participando na foliada, pode bailar e tocar, aínda que no festival sexa vir a ver o espectáculo”.

O alcalde, Alfonso Fuente, animou “a todos os amantes da música e do folclore a achegarse esta fin de semana por San Miguel de Reinante”.

Imaxes: 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL
A AULA CEMIT DE BARREIROS ACOLLERÁ O EXAME COMDIX DE NIVEL INICIACIÓN
BARREIROS LANZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELECLUB DE SAN COSME
BARREIROS INICIARÁ NESTE 2026 AS CONEXIÓNS PEONÍS E CICLABLES COAS PRAIAS

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte