Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, volve organizar unha viaxe a #XuvenLugo, unha cita xa clásica destas datas para a cativada barreirense.
A viaxe terá lugar o martes 30 de decembro, con saída ás 15:00 horas desde a Praza do Concello e regreso, ás 20:00 horas, saída de Lugo.
A excursión inclúe entrada e viaxe en bus de balde para as nenas e nenos de Barreiros.
Importante: cada nena ou neno deberá ir acompañado/a por unha persoa adulta, que terá que aboar:
Para quen non o coñeza, #XuvenLugo é un gran espazo de lecer infantil e xuvenil situado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Está cheo de atraccións, inchables, xogos, animación e deporte para pasar unha tarde moi divertida.
As inscricións deben facerse nas oficinas xerais do Concello como moi tarde o venres 26 de decembro.
