Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Este domingo, 10 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme, o grupo Dinamoteatro representará a obra Eu queríame casare.
Trátase dunha comedia que conta a historia de Antón e Lola, unha parella que se atopa preto dos corenta anos e que busca unha relación á que poder agarrarse.
A representación dará comezo ás 19:00 horas. Está incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia e colabora a Delegación de Cultura do Concello de Barreiros.