Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ERMIDA TRASLADA AO VICEPRESIDENTE DA XUNTA A PETICIÓN DE COLABORACIÓN NOS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO

Data de publicación: 
luns, 20 Novembro, 2023 - 10:57

A alcaldesa enviou no mes de agosto unha carta ao Presidente da Xunta, á que non obtivo resposta e reiterou as demandas á conselleira de infraestruturas hai unhas semanas.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir un escrito ao vicepresidente da Xunta recollendo as declaracións realizadas polo mesmo na clausura da Asemblea Xeral da FEGAMP, onde manifestou a disposición da Xunta de Galicia para a colaboración cos Concellos.

A alcaldesa manifesta que “esta carta é unha chamada á súa boa vontade para facelo coñecedor  dunha demanda coa que o Concello de Barreiros leva anos e que lle foi xa trasladada en varias ocasións á conselleira de infraestruturas (a última delas hai poucas semanas mediante un escrito) e tamén neste verán ao propio presidente da Xunta, sen que, ata este momento, obtivéramos resposta algunha.”

Ana Ermida explícalle a situación dos servizos básicos en Barreiros, “fundamentalmente vinculados a un desenvolvemento non planificado que se levou a cabo sen o correcto sobredimensionamento dos servizos existentes para acoller a poboación flotante que soporta este concello en determinadas épocas do ano.”

Co fin de poder explicarlle máis pormenorizadamente a situación, así como obter resposta sobre posibles vías de colaboración do goberno da Xunta co goberno municipal en aras de mellorar os servizos que se prestan á veciñanza de Barreiros, a rexedora solicítalle unha xuntanza na que poidan participar as persoas responsables destes servizos no municipio para afondar nas actuacións de mellora que se poidan levar a cabo.

Ana Ermida finaliza o escrito “acreditando na súa vontade por traballar na colaboración coas entidades locais e, nomeadamente, coa que presido” para o que se pon á súa disposición para sinalar unha data na que poder manter unha xuntanza e trasladarlle toda a información que requira para obter a desexada colaboración interinstitucional.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
A AC BRIGANTIA PRESENTA CLÁSICOS DA MÚSICA (TANGO). SERÁ ESTE DOMINGO, 16 DE DECEMBRO, NO CENTRO CULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO
O ALCALDE ACLARA QUE NON SE PRODUCIU O FALLO DE NINGÚN DESFIBRILADOR
O CONCELLO DE BARREIROS FAI ENTREGA DOS PREMIOS DO IV CERTAME DE DEBUXO DI NON Á VIOLENCIA
FUENTE PARGA DESTACA OS MEDIOS COS QUE CONTARON AS PRAIAS DE BARREIROS ESTE VERÁN
FUENTE PARGA SUPERVISOU AS OBRAS DE AGLOMERADO QUE SE REALIZARON ESTES DÍAS NA ESTRADA QUE UNE VILAMAR CON SAN XUSTO

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 102
  • 103
  • 104
  • 105
  • 106
  • 107
  • 108
  • 109
  • 110
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte