Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

ERMIDA SOLICITA Á CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS QUE INCLÚA NOS ORZAMENTOS DA XUNTA UNHA NOVA EDAR PARA SAN MIGUEL

Data de publicación: 
venres, 27 Outubro, 2023 - 10:43

A alcaldesa reitera a necesidade desta infraestrutura e pide compromiso económico da Xunta ao respecto.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir un novo escrito á conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, no que reitera a necesidade de Barreiros de contar con finanzamento para poder construír unha EDAR en San Miguel que solucione a deficiencia da depuración de augas residuais na zona.

Xa durante o verán, a mandataria municipal se dirixira ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sen obter resposta ata o momento; trasladándolle o déficit en servizos que ten o municipio a raíz do crecemento sen planificación que se produciu neste concello.

Ante a falta de resposta do máximo mandatario galego, Ermida traslada novamente á conselleira “a necesidade acuciante que ten Barreiros de mellorar o sistema de depuración e, nomeadamente, de poder contar cunha nova EDAR para a que xa existe proxecto, mais non finanzamento.”

Ana Ermida manifesta que é coñecedora da preocupación da conselleira por este tema e tamén do seu compromiso por solucionalo, “tal e como manifestou publicamente nun acto ao que acudiu a este concello hai uns meses, na campaña electoral das eleccións municipais.”

No escrito reitérase o que xa se lle trasladou á Xunta en varias ocasións, facendo fincapé na chegada de fondos europeos e na oportunidade que pode existir, tal e como se fai noutros concellos. Por esta razón, reiterou “a necesidade de que desde o Goberno da Xunta de Galicia teñan en conta a especial situación do Concello de Barreiros para priorizar os proxectos de investimento no mesmo, considerando que podemos contribuír a mellorar o noso País e a xestión dos fondos dos que dispón o seu goberno a través dos orzamentos que elabora.”

Ermida considera que o compromiso que poida existir desde a Xunta de Galicia e a súa intención por solucionar estes problema serían moito máis visibles se se dotara economicamente unha partida nos orzamentos da Xunta para o 2024 que se están a elaborar.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PRESENTA O SEU PROGRAMA DE ENTROIDO
CONCELLO E EMPRESARIOS DE BARREIROS PEDIRÁN ACCESO DIRECTO AO PARQUE EMPRESARIAL DESDE A A74
BARREIROS INVESTIRÁ MÁIS DE 40.000 EUROS EN MELLORAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
BARREIROS DINAMIZARÁ A BIBLIOTECA MUNICIPAL CUN CLUB DE LECTURA E BIBLIOENCONTROS INFANTÍS
BARREIROS PON EN MARCHA UNHA APP DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DE PERSOAS USUARIAS DO SAF

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte