Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Nas últimas horas foron entregados os premios aos gañadores e gañadoras do Concurso de Poesía e Debuxo de Nadal, que organizou a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.
Na modalidade de Poesía os participantes que resultaron gañadores foron: Xela Veiga Iglesias, Ángela Ventoso Carrera, Aaron Rodríguez Enterríos, Armando Ventoso Carrera, Saray López García e Anxo López Val.
No apartado de Debuxo os gañadores foron: Leire López Boto, Inés Seco Sánchez e Noa Irimia Mariña.
Xunto ás rapazas e rapaces estivo a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, que agradeceu a participación de todos/as que presentaron os seus traballos a estes certames.