O alcalde, Alfonso Fuente, asinou os convenios de colaboración do Concello cos dous clubs de fútbol do municipio, o Celta Barreiros e o Iberia.
O rexedor explicou que “hoxe firmamos os dous convenios de colaboración cos dous equipos de fútbol cos que contamos no concello de Barreiros e aos que vimos apoiando desde hai anos con 2.000 euros a cada un, a parte de outras axudas que ás veces se fan ao longo da tempada cando necesitan algunha infraestrutura, etc”.