A Asociación Guillem Veiga Iglesias organiza unha nova edición de DIVERSIPRIX, unha proposta que converterá San Miguel de Reinante nun punto de encontro para persoas con e sen discapacidade a través do xogo, o deporte e a diversión.
A iniciativa, financiada polos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, estará conducida polo recoñecido artista Leandro Lamas e incidirá no carácter interxeracional e comunitario das políticas de igualdade do Goberno local.
A alcaldía de Barreiros, como órgano responsable da seguridade no termo municipal, ante a proximidade da celebración das fogueiras de San Xoán e San Pedro pon en coñecemento da poboación en xeral as normas para a celebración das mesmas:
Desde este luns, 25 de maio, atópanse abertas as 3 bolsas de emprego para formar parte do persoal de praias no Concello de Barreiros como persoal laboral temporal para esta tempada estival 2026.