Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O 17 de maio celebraremos un día moi importante para as nosas letras e a nosa lingua, que é unha das riquezas máis importantes que posuímos, homenaxeando a Begoña Caamaño, unha muller que coa súa escrita e o seu compromiso feminista deunos unha nova forma de ollar a cultura. Begoña ensinounos que ler é tamén unha forma de entender quen somos e de imaxinar un mundo máis libre e xusto.
Baixo o lema “Medrar lendo”, a Biblioteca Municipal de Barreiros abre o certame local para que as nenas e nenos do concello sexan os protagonistas. Queremos que nos contedes, con palabras ou debuxos, eses momentos especiais nos que un libro foi o voso compañeiro de viaxe e vos axudou a imaxinar novos camiños.
Para participar podedes facelo con narracións propias en galego (máximo un folio) ou debuxos (tamaño A4) nas diferentes categorías:
O prazo para presentar os traballos remata 15 de maio e podedes entregalos na Biblioteca Municipal ou nos colexios de Barreiros.
Os traballos que resulten premiados nesta fase local representarán a Barreiros na fase provincial coordinada pola Biblioteca Pública de Lugo.
Bases certame Letras Galegas 2026