Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS

Data de publicación: 
martes, 3 Febreiro, 2026 - 15:09

Os traballos que se están levando a cabo superan os 360.000 euros e execútase ao abeiro dun convenio coa área de Rural da Deputación.

Ademais da substitución de tramos de tubaxe obsoletos, incluíron a impermeabilización do depósito de Merille, o cambio da impulsión na Folgueirosa e a redacción dun proxecto para a conexión directa entre San Caetano e A Folgueirosa.

Tamén se renovarán as arquetas de acometida nas antigas vivendas sociais.

A alcaldesa, Ana Ermida, visitou a execución das obras que se están a levar a cabo para mellorar a rede de abastecemento de auga en Barreiros; acompañada da concelleira delegada de Saúde Pública, Montse Porteiro, e do deputado de Rural e concelleiro barreirense, Dani García.

A alcaldesa recalcou “a importancia dunhas obras que, aínda que unha vez rematadas non se ven e poden caer no esquecemento, son fundamentais á hora de contar con servizos de calidade e ir corrixindo a situación que existía en Barreiros duns servizos que non chegaban para cubrir as necesidades.”

Ana Ermida sinalou que “desde que chegamos ao goberno tivemos claro que traballábamos cunha situación de partida moi complexa, na que os servizos eras deficitarios para a demanda que había e que tiñamos non só que traballar coa vista posta no futuro, senón tamén corrixindo o pasado. Por iso apostamos por facer actuacións serias, estudadas e planificadas; sendo conscientes da capacidade municipal e tentando priorizar necesidades, aínda que non sexan actuacións tan visibles coma outras.”

Os traballos, correspondentes á segunda fase da execución, supoñen a renovación de tubaxes secundarias obsoletas na zona de San Cosme e Celeiro, tras realizarse tamén os mesmos traballos nas parroquias de Reinante e Benquerencia. Xa finalizados están tamén a impermeabilización do depósito de Merille, que permite o seu uso a nivel completo, que levaba inhabilitado anos polas continuas filtracións; así como o cambio das bombas de impulsión na Folgueirosa, para lograr un maior caudal á zona norte do concello en épocas de incremento da demanda de auga.

Do mesmo xeito, realizouse tamén un estudo e un proxecto para avaliar a posibilidade de ampliación do transporte de auga directo desde San Caetano á Folgueirosa.

Renovación das acometidas nas vivendas sociais antigas

A alcaldesa fixo especial fincapé nunha das actuacións que se desenvolverán nesta segunda fase dos traballos, como é a renovación das arquetas de acometidas dos sete bloques de antigas vivendas sociais para dotalas de infraestrutura moderna e eficaz. Ermida explica que as acometidas existentes, realizadas no seu momento coa promoción de vivenda pública, son de ferro, o que supón incidencia na auga que chega aos fogares. Coa súa substitución por arquetas renovadas e de material actual, lógrase adecuar estas infraestruturas ás necesidades actuais e suporá unha mellora notable na calidade da auga que reciben os inmobles.

Ana Ermida, ratifica así o “compromiso deste goberno por mellorar e tratar de manter obras públicas realizadas, xa  salvo o repintado e saneamento das fachadas levado a cabo desde a Xunta co goberno bipartito (hai máis de 15 anos) nunca houbo ningún tipo de investimento público directo nos inmobles ata este que se realizará neste momento.”

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL
A AULA CEMIT DE BARREIROS ACOLLERÁ O EXAME COMDIX DE NIVEL INICIACIÓN

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte