Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Nos vindeiros días, as operadoras de telefonía móbil; Telefónica, Vodafone e Orange, van despregar novas redes móbiles de última xeración sobre as bandas de 700 e 800 MHz. en Barreiros polo que, segundo informan desde a empresa Llega700, pode haber domicilios que se vexan afectados na visualización das canles da televisión dixital terrestre (TDT).
No caso de que se detecten anomalías na visualización dalgunha canle, as veciñas e veciños que o desexen poden contactar coa empresa LLega700 no telf. 900.833.999 ou a través do correo ayuda@llega700.es.
Esta empresa é a encargada de garantir a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil, 4G e 5G, coa recepción do servizo de TDT. Polo tanto, prestan aos cidadáns unha serie de servizos GRATUÍTOS que inclúen un procedemento correctivo tras o acendido das estacións a o longo dos vindeiros 6 meses.