Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros, a través do departamento de Servizos Sociais, convocou o VII Concurso de Poesía "Miña nai, muller traballadora", no que participou o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria dos dous Ceip da localidade, San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante. O certame foi organizado con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
O alcalde, Alfonso Fuente Parga, procedeu onte, 8 de marzo, á entrega dos premios aos gañadores do concurso, que leron as súas poesías diante dos seus compañeiros e compañeiras.