Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

CONCELLO DE BARREIROS E MOCIDADE DA DEPUTACIÓN ASINAN O CONVENIO PARA INSTALAR OS XOGOS NO PARQUE XUVENIL DE SAN COSME

Data de publicación: 
mércores, 19 Abril, 2023 - 10:02

Nese espazo deseñouse unha área de compostaxe comunitaria, unha pista multideporte, xogos dirixidos a un público xuvenil e mobiliario para uso da poboación en xeral.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a deputada de Mocidade, Mónica Freire, veñen de asinar un convenio que permite a finalización da adecuación dunha parcela municipal que se atopaba en estado de abandono a carón do colexio de San Cosme para convertela nunha zona de ocio e esparexemento xuvenil.

Este convenio financia a colocación dos xogos xuvenís por un importe de 72.539,57€, sendo a última das actuacións precisas para o seu uso final. Con este investimento, ponse fin ao proxecto de recuperación de dita zona para dotar o centro urbano de San Cosme dun espazo de ocio situado a carón do centro escolar e as vivendas sociais, cuxo investimento total ascendeu a 193.696,20 euros.

Nas vindeiras semanas darán inicio as obras de humanización do espazo para proceder a continuación á colocación dunha rede de escalada tridimensional de preto de 6 metros de altura e unha tirolina de 30 metros de longo, cuxos espazos se dotarán de chan de caucho, e dunha nova marquesina que sirva de refuxio para as nenas e nenos. Ademais, inclúe a colocación de mesas e bancos nos distintos niveis do terreo.

A colocación destes xogos vén a finalizar unha intervención importante nesa zona que pasou de ser un espazo residual que xeraba incomodidade e mal aspecto para a poboación a converterse no centro de ocio e xogos para as crianzas de idade máis avanzada, moi próximo ao parque existente dirixido a crianzas de menor idade e ao espazo utilizado pola xente maior. Complétase así un proxecto no que se actuou sobre a paisaxe e tamén sobre o uso dos espazos públicos, facendo desaparecer puntos residuais e ofertando novos espazos para todas as idades.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS CONVOCA O CERTAME DE DEBUXO E POESÍA DESTE NADAL
BARREIROS PODERÁ FINANCIAR E EXECUTAR A DEPURADORA DE SAN MIGUEL POR MEDIO DA EMPRESA PÚBLICA ESTATAL ACUAES
A GALA DO CIRCUÍTO +KMS BARREIROS CELEBRARASE O VINDEIRO 22 DE DECEMBRO
O IV CONSELLO ALIMENTARIO DO EO TERÁ LUGAR EN BARREIROS
ÉXITO DO MERCADIÑO NO NADAL

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte