Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza unha vez máis os esperados Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 01/01/2012 e o 31/12/2020.
Desenvolverase nos días laborais dos seguintes períodos:
+Concilia Xuño: do 24 o 28 de xuño
Campamentos de verán: do 1 de xullo do 2024 ata o 31 de agosto do 2024, en quendas de 15 días naturais:
Quenda 1: Do 1 ao 15 de xullo do 2024.
Quenda 2: Do 16 ao 31 de xullo do 2024.
Quenda 3: Do 1 ao 14 de agosto do 2024.
Quenda 4: Do 16 ao 31 de agosto do 2024.
+Concilia Setembro: do 2 o 6 de setembro.
Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30 para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento. Durante ese tempo, as crianzas serán custodiadas e vixiadas pero sen ter actividades programadas.
Trámites e prazos
▪ Solicitude de admisión (Anexo I): Dende a publicación destas bases ata o 7 de xuño.
▪ Publicación da lista provisional de admitidos en cada quenda: 12 de xuño.
▪ Reclamacións: 13 e 14 de xuño.
▪ Publicación da lista definitiva de admitidos e lista de agarda en cada quenda: 17 de xuño.
▪ Pago das quendas: ata o 24 de xuño.
▪ Chamamento da lista de agarda: o 25 xuño.
Documentación
Anexo II - Xustificante de pago
Listaxe definitiva +concilia Barreiros. Publicada o 17.06.2024
Listaxe provisional +concilia Barreiros. Publicada o 12.06.2024
Bases do programa +concilia Barreiros 2024
Anexo I - Solicitude +concilia Barreiros