Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS SOLICITA DOUS OBRADOIROS DE EMPREGO PARA 36 PERSOAS CONXUNTAMENTE CON RIBADEO

Data de publicación: 
martes, 19 Marzo, 2024 - 14:22

Un dos obradoiros estará destinado a menores de 30 anos con especialidades de dinamización cultural e xardinería.

O outro, de formación dual, con posibilidade de contratación subvencionada en empresas terá especialidades de revestimentos en construción, limpeza de espazos abertos, locais, mobiliario e instalacións industriais e xestión de residuos urbanos e industriais.

O Concello de Barreiros vén de aprobar a solicitude de dous obradoiros de emprego no que se dará formación profesional a un total de 36 persoas dos concellos de Barreiros e Ribadeo.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que se trata de “dous obradoiros que abranguen todas as idades e cos que se pretende formar persoal para traballos cunha importante demanda tanto no sector público como privado.”

A rexedora manifestou o agradecemento ao Concello de Ribadeo que “dá continuidade á colaboración iniciada anos atrás entre os dous Concellos para solicitar estes obradoiros que supoñen unha oportunidade formativa e laboral para a veciñanza no propio territorio, promovendo accións que buscan ampliar as saídas laborais das persoas que deciden quedar a facer as súas vidas nos nosos concellos.”

Obradoiro de garantía xuvenil “Máis Emprego”.

Este obradoiro estará destinado a 16 persoas menores de 30 anos que participarán no mesmo durante 12 meses. Nel inclúese un plan formativo e de traballo en especialidades de dinamización e fomento de actividades culturais e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Con estas especialidades preténdense desenvolver como eixos estratéxicos o desenvolvemento de actividades educativas e de lecer, así como de actividade física saudable e a xestión e organización de operacións de instalación, mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes.

Obradoiro dual  de emprego “Constrúe en verde”.

O obradoiro dual está dirixido a persoas maiores de 18 anos, sen límite de idade, contando cun total de 20 prazas que desenvolverán o proxecto durante nove meses. Esta tipoloxía de obradoiros contempla un programa de inserción laboral para as persoas participantes, polo que poden obter ao remate do mesmo unha contratación laboral subvencionada de 3 meses en empresas do ámbito das materias impartidas.

Nesta modalidade impartiranse as especialidades de revestimentos en construción, limpeza de espazos abertos, locais, mobiliario e instalacións industriais e xestión de residuos urbanos e industriais. Con estas modalidades ponse o foco na importancia do coidado, mantemento e rehabilitación de mobiliario e instalacións e na xestión dos residuos dun xeito eficiente e consciente.

Para o desenvolvemento destes obradoiros tamén se procederá á contratación de persoal docente e administrativo. A xestión dos mesmos, correrá a cargo do Concello de Ribadeo, para o que o Concello de Barreiros vén de aprobar sendas encomendas de xestión.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
A ALCALDESA DE BARREIROS PÍDELLE Á CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL QUE ATENDA AO SECTOR DA FABA
O PROGRAMA “ESCOLA DE FAMILIAS” VOLVE A BARREIROS CON NOVOS OBRADOIROS
SOLIDARIEDADE E RÉCORD DE PARTICIPACIÓN NA CARREIRA DE REIS ORGANIZADA POLO CONCELLO DE BARREIROS
CARREIRA E ANDAINA POPULAR SOLIDARIA DE REIS ESTE DOMINGO EN BARREIROS
OS REIS MAGOS CHEGAN A BARREIROS O 5 DE XANEIRO

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte