Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS SINALIZARÁ AS BOCAS DE INCENDIOS E INSTALARÁ TRES NOVOS PUNTOS NA ZONA INTERIOR DO CONCELLO

Data de publicación: 
mércores, 5 Xullo, 2023 - 13:14

A actuación realízase ao abeiro dun convenio coa área de Medio Ambiente da Deputación

Barreiros, 5 de xullo de 2023. A Xunta de Goberno do Concello de Barreiros vén de adxudicar a sinalización das bocas de incendios existentes no municipio, así como a instalación de tres novos puntos de recarga de vehículos contra incendios situados na zona interior do concello.

Este investimento, que ascende a 10.863,85 euros, que se financian integramente ao abeiro dun convenio subscrito entre o municipio barreirense e a Deputación Provincial.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que “esta actuación responde á necesidade de axilizar e facilitar as posibles actuacións de extinción de incendios que poidan darse no municipio, facilitando así o traballo dos servizos de extinción de incendios, tal e como se nos trasladou desde os propios servizos.”

O Concello de Barreiros procedeu a identificar, en colaboración co persoal do parque de Bombeiros, un total de 24 bocas de incendios existentes que serán sinalizadas coa colocación de sinais verticais reflectantes con indicación do diámetro das bocas. Ademais deste traballo, a actuación contempla a colocación de tres novas bocas en Vilamar, San Xusto e A Rilleira, dando cobertura á zona interior do concello; onde actualmente non existe ningún punto adaptado para a carga deste tipo de vehículos.

Con estas actuacións, Barreiros contaría cunha rede de puntos de carga de vehículos contra incendios que permitiría a realización das labores de extinción dun xeito máis áxil e eficaz, ao reducir os tempos de desprazamento e de realización da propia carga, ao colocarse en lugares onde a rede de abastecemento conta con capacidade suficiente para unha carga rápida.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
A III EDICIÓN DO SON URBÁN BARREIROS CELEBRARASE O VINDEIRO 9 DE OUTUBRO
O CONCELLO DE BARREIROS ACOLLE A PRESENTACIÓN DA DELEGACIÓN NA MARIÑA DE AGAFI E UNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A FIBROMIALXIA
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA PERSOAS ADULTAS. TEMPADA 26/27
BARREIROS DESPIDE A HAMDI, O NENO SAHARAUÍ ACOLLIDO ESTE VERÁN POR UNHA FAMILIA BARREIRENSE
O CONCELLO DE BARREIROS COLABORA COS CLUBS DE FÚTBOL LOCAIS NO MANTEMENTO DOS SEUS TERREOS DE XOGO

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte