Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS REGULA A XESTIÓN DE BIOMASA E PLANTACIÓNS EN SOLOS NON RÚSTICOS

Data de publicación: 
venres, 16 Agosto, 2024 - 14:36

O pleno do pasado luns aprobou por unanimidade unha ordenanza que busca ordenar a xestión de biomasa e actividade forestal e protexer as vivendas.

Barreiros, 16 de agosto de 2024. O goberno municipal de Barreiros vén de aprobar inicialmente unha ordenanza coa que se dota ao Concello dun instrumento legal que permitirá actuar en materia de prevención de incendios en solo non rústicos, que están excluídos da aplicación de ámbito autonómico. Ata este momento, non existía norma que regulara tal aspecto, tras unha modificación da Lei de Incendios galega.

Ana Ermida explicou que se detectou unha “disfuncionalidade á hora de poder poñer en marcha medidas de prevención e actuacións en caso de risco de incendios, xa que a normativa municipal permitía plantacións en solos urbanos ou de núcleo, que están excluídos, tras unha modificación do texto inicial, da lei de incendios da Xunta.” Ermida explica que “podía darse a casuística de que unha vivenda en solo de núcleo estivese rodeada de plantacións, que existise a obriga de corta polo límite do solo de núcleo e que puidesen manterse as árbores sen ningún tipo de distancia dentro do propio núcleo.”

Con esta normativa, o goberno municipal quixo ir máis alá, non só prohibindo expresamente as novas plantacións forestais, senón tamén establecendo un réxime transitorio de seis meses no que as existentes deberán adaptarse á normativa municipal.

O responsable de medio ambiente e rural, Dámaso Ratoeira, fixo fincapé na “necesidade e responsabilidade de actuar colectivamente en materia de prevención de incendios, na que as Administracións teñen que ser valentes na aplicación de normativa que garanta a seguridade da veciñanza.”

Ratoeira lembrou o traballo neste ámbito que se vén desenvolvendo desde o Goberno Municipal nos últimos anos, tanto coa aprobacións de instrumentos que aportan normativa e seguridade xurídica, como a propia ordenanza ou o Plan Municipal de prevención e defensa contra incendios forestais que se aprobou recentemente; pero tamén investimentos no mantemento das pistas forestais, na dotación de novas bocas de incendios ou na sinalización das existentes, “cuxa eficacia xa se puido comprobar nos últimos incendios que se produciron na zona.”

A ordenanza estará a exposición pública trinta días, nos que se poderán presentar alegacións que, de habelas, se resolverán no vindeiro pleno para proceder á aprobación definitiva.


 Ordenanza municipal de prevención de incendios forestais

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte