Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS RECLAMA A AUGAS DE GALICIA IGUALDADE NO TRATO CON RESPECTO A OUTROS CONCELLOS

Data de publicación: 
xoves, 21 Marzo, 2024 - 13:43

A alcaldesa vén de remitir un novo escrito ao ente autonómico no que sinala a diferencia entre o 33% de finanzamento que ofertan para Barreiros e as porcentaxes de ata o 100% que asumen noutros Concellos.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir unha misiva a Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, na que lle amosa o malestar polo que considera un “trato discriminatorio e discrecional entre Concellos á hora de repartir fondos destinados á mellora dos sistemas de saneamento municipais.”

A rexedora refírese á situación de encallamento que se está a dar á hora de financiar o proxecto de construción dunha nova depuradora en San Miguel, para o que o departamento autonómico fixou unha regra segundo eles inamovible dun cofinanzamento ao 33%.

Porén, sinala Ermida, “estamos vendo continuamente convenios nos que Augas de Galicia financia porcentaxes moito máis altas, de ata o 95 ou o 100% nalgúns casos ben próximos a Barreiros.”

Por iso, a alcaldesa reclama da directora, como xa reiterou en numerosos escritos enviados a distintos dirixentes do goberno galego aos que non obtivo resposta, que “se considere un proxecto prioritario á hora de destinar fondos europeos” ou do contrario, continúa non se entende que “non exista unha vontade para afrontar un investimento da prioridade do que se trata.”

Ana Ermida finaliza o escrito trasladando como representante do conxunto da veciñanza de Barreiros, “o compromiso real dese departamento co Concello de Barreiros e coa súa poboación, dispensando a esta administración igualdade de trato con outras en situacións similares.” Neste sentido, solicita novamente que a construción da depuradora de San Miguel de Reinante se considere prioritaria e se destinen os fondos suficientes para a súa execución, a efectos de “non seguir hipotecando a saúde pública barreirense cunha regra inexistente para outros territorios”, ao tempo que se pon a disposición para “manter as xuntanzas que sexan precisas para desbloquear a situación e poñer en marcha tan ansiado e necesario proxecto.”

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ESTE DOMINGO, 19 DE XUÑO, EN BARREIROS MALASOMBRA PRODUCIÓNS REPRESENTA A OBRA D.E.P. UNHA COMEDIA DE MORTE.
BARREIROS ACOLLE UN CAMPUS DE BALONCESTO NA PRIMEIRA QUINCENA DE XULLO.
FUENTE PARGA RECOLLEU EN BASTIAGUEIRO AS SEIS BANDEIRAS AZUIS QUE LUCIRÁN OUTROS TANTOS AREAIS BARREIRENSES ESTE VERÁN.
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DAS LETRAS GALEGAS 2016
BARREIROS CELEBROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E CON MÚSICA O DOMINGO E O MARTES.

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 145
  • 146
  • 147
  • 148
  • 149
  • 150
  • 151
  • 152
  • 153
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte