Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PRESENTA O SEU PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS PARA ESTE VERÁN 2026

Data de publicación: 
martes, 30 Xuño, 2026 - 11:10
  • - Durante os meses de xullo e agosto Barreiros ofrecerá visitas guiadas para coñecer o seu patrimonio, natureza e identidade locais.
  • - Cun total de 6 propostas distribuidas en diferentes datas e localizacións os participantes poderán descubrir a riqueza e singularidade do territorio.

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de visitas guiadas “Barreiros queda en ti” durante os meses de xullo e agosto na que xa é a súa sexta edición amosando a diversidade cultural, natural así como a historia e identidade do territorio.

A Alcaldesa, Ana Ermida, explica que “Barreiros é un concello cun patrimonio en gran parte descoñecido. As visitas guiadas son unha das maneiras máis enriquecedoras de coñecelo e comprendelo, permitindo ademáis aos participantes conectar emocionalmente co lugar.” E engade que “deste xeito non só se divulga o seu valor, senón que tamén se fomenta a súa conservación.”

A través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións os participantes terán unha oportunidade excelente para coñecer Barreiros da man de guías e anfitrións que nos descubrirán detalles, lugares e historias locais aportando novas perspectivas sobre a singularidade do territorio.

Nesta edición o programa consta das seguintes 6 propostas distribuídas nun total de 15 datas ao longo do verán:

- “A vida aos pés do Mar Pequeno”. Unha ruta aos pés da ría aproveitando a baixamar para coñecer máis de preto este espazo natural desde o punto de vista ambiental pero tamén cultural. A beleza paisaxística deste espazo será o marco para descubrir os seus numerosos valores.

- “O día a día dun gandeiro”. Ás xa tradicionais visitas á gandaría Mantoño Holstein en San Xusto de Cabarcos, este ano únese ao programa a gandaría Cid de Vilamartín Pequeno. A través de calquera delas poderemos coñecer a labor diaria da produción de leite, unha das actividades económicas máis representativas de Barreiros ao longo da súa historia, e que contribúe a seguir mantendo o rural vivo.

- Rutas xeolóxicas “Litoral de Barreiros”. Esta edición 2026 tamén trae novidades a esta modalidade de visita, estreando un novo percorrido denominado “A forza das ondas, a forma da costa”, que terá lugar entre as praias de Remior e San Bartolo permitíndonos coñecer a historia xeolóxica deste sector costeiro e a interpretar a súa evolución. Ademais, mantense o habitual itinerario pola parte oriental do municipio que estará concentrado entre as praias de Fontela-Valea e A Pasada e que pasa a denominarse “Entre furnas e pregues”. Neste caso terá como protagonistas ao pregue xeolóxico situado na praia canina de Punta Corveira e ás formacións rochosas singulares deste sector costeiro.

- San Miguel de Reinante, pasado moi presente. Un paseo polo San Miguel urbano e rural no que se fará unha retrospectiva sobre a vida no pobo a través de diferentes vestixios patrimoniais que son testemuñas do pasado destacando, en número, as edificacións indianas.

Ana Ermida expresa “un agradecemento especial a tódalas persoas que fan posible o desenvolvemento destas visitas” e anima á participación da veciñanza e visitantes.

Tódalas visitas son gratuítas. As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse, no prazo correspondente, a través da páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección ”Actualidade e Axenda”). Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte