Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PRESENTA O PROGRAMA DO MERCADIÑO NO OUTONO CON ACTIVIDADES PARA TODO O DÍA

Data de publicación: 
martes, 6 Outubro, 2026 - 11:19

O vindeiro domingo, 11 de outubro, a Praza do Concello de Barreiros acollerá o mercadiño no outono, unha xornada de encontro veciñal con preto de 40 postos de produtos de proximidade e máxima calidade, organizada polo Concello de Barreiros coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Programa da xornada

A xornada comezará ás 11:00 horas coa apertura dos postos e a actuación do grupo de gaitas da Agrupación Folclórica O Arco da Vella. Ás 11:30 horas terá lugar o faladoiro Lambiscadas Científicas, con entrada libre, no que se abordarán as enfermidades transmitidas por carrachas en Galicia e as principais medidas de prevención.

Ás 12:00 horas, actuación musical en vivo de Lorena Doval & Manu Arroyo que amenizarán o ambiente do mercadiño. Media hora despois, ás 12:30 horas, darán comezo as degustacións de elaboracións feitas con produtos de razas autóctonas, enmarcadas no programa "Un gusto de rural, un rural degusto" da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, en colaboración coa Federación de razas autóctonas de Galicia Boaga e a Asociación de criadores de raza porcina Celta ASOPORCEL. Como é habitual, todas as persoas que merquen nos postos recibirán un vale para participar na degustación.

Ás 13:00 horas, a Federación Rural Galega (FRUGA) presentará o Túnel do Viño, unha iniciativa dedicada en exclusiva aos viños tintos da provincia de Lugo co obxectivo de achegar ao público a riqueza e diversidade dos tintos lucenses.

En xornada de tarde, ás 17:00 horas, terá lugar o taller de cestería para elaborar un cesto de outono. O taller conta con prazas limitadas, polo que é necesaria inscrición previa no rexistro do Concello ata o venres 9 de outubro. Ás 17:30 horas haberá degustación de castañas asadas de balde e, ás 18:00 horas, actividades infantís abertas á cativada.

Para pechar a xornada, ás 19:30 horas actuará o Coro Airiños do Mar de Barreiros, antes do tradicional sorteo e peche do mercado ás 20:00 horas.

Unha xornada para toda a veciñanza

A alcaldesa Ana Ermida subliñou que "o mercadiño é moito máis que un espazo de compras; é un lugar de encontro onde a veciñanza se reúne para desfrutar dunha xornada diferente. Estamos moi satisfeitos coa programación que preparamos para este outono, con actividades para todos os públicos e idades."

Pola súa banda, o concelleiro de dinamización e deputado provincial, Dani García, destacou que "cada edición tentamos ofrecer algo novo que sorprenda á xente que se achega ao mercadiño. Contar coa participación de entidades como FRUGA ou a presenza das razas autóctonas demostra o vínculo que temos co rural e cos produtos da nosa terra."

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
PRESENTADA A V EDICIÓN DA MARCHA BTT AUGAS SANTAS
O CONCELLO DE BARREIROS LANZA UN CONCURSO PARA FOMENTAR O ESTILO DE VIDA SAUDABLE ENTRE OS ESCOLARES DENTRO DO PROXECTO «VIVIR O MAR»
ESTE DOMINGO CELÉBRASE A CARREIRA POPULAR “AO SON DO MASMA” EN BARREIROS QUE PECHA O CIRCUÍTO +KMSBARREIROS 2026
II CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO "CONCELLO DE BARREIROS"
BARREIROS PROMOVE A PRÁCTICA DEPORTIVA E OS HÁBITOS SAUDABLES NO ALUMNADO DO COLEXIO SAN MIGUEL DE REINANTE CUN OBRADOIRO DA XIMNASTA CANDELA MARTÍNEZ

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte