Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PRESENTA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MAIO XUÑO E XULLO

Data de publicación: 
luns, 15 Maio, 2023 - 14:08

A concellería de dinamización do Concello de Barreiros presenta a axenda cultural “Barreiros ConVídate”, que terá lugar nas distintas parroquias do municipio durante os meses de maio, xuño e xullo. Este programa cultural ten como obxectivo achegar a cultura a todos os recunchos de Barreiros, ofrecendo unha variada selección de actividades para todos os públicos.

A programación dará comezo este domingo, 21 de maio co III Recital Poético Versos na Baixamar que terá lugar nas escolas de Reinante. Este evento marcará o inicio dunha serie de actividades culturais que se desenvolverán ao longo dos próximos meses nas que destacan, entre outras moitas, as sesións de cine con Matria, o monologuista Avelino González, música en vivo con Dani Royo e a actuación de Superheroe de Fran Rei.

O concelleiro de dinamización, Dani García, comenta que: "Estamos entusiasmados de presentar a axenda cultural 'Barreiros ConVídate', coa que buscamos achegar a cultura a todas as parroquias e ofrecer unha experiencia cultural enriquecedora. Convidamos a todos os veciños e veciñas de Barreiros a participar nestes eventos e desfrutar dunha axenda repleta de música, teatro e diversión para toda a familia".

O edil explica que tamén se programarán outras actividades, fóra deste programa, e que achegarán máis espectáculos a distintos lugares do concello.

A programación completa de "Barreiros ConVídate" estará dispoñible nas redes sociais do Concello de Barreiros e nos puntos de información municipais.

Para a organización dalgunha das actuacións, o Concello de Barreiros conta  coa colaboración da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte