Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PRESENTA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS

Data de publicación: 
xoves, 26 Marzo, 2026 - 12:14

A proba, que vai pola XII edición, terá lugar o venres 3 de abril na praia de Coto.

Na tarde de onte tivo lugar a presentación da XII edición da Carreira Popular das Praias, unha cita consolidada no calendario deportivo da Mariña e que volverá a reunir a centos de persoas o vindeiro venres, 3 de abril.

No acto participaron membros da entidade organizadora, a asociación cultural e deportiva Praias de Comado, xunto coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o concelleiro de deportes e deputado provincial, Dani García, e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero.

A proba principal contará cun percorrido de 7,5 quilómetros pola area das praias do municipio, con saída e chegada na praia de Coto. Un trazado que combina deporte e paisaxe e que permite ás persoas participantes percorrer boa parte do litoral de Barreiros, un entorno único.

Ademais da carreira absoluta, a xornada inclúe probas para as categorías de menores que teñen a inscrición gratuíta. Tamén existe a posibilidade de participar nunha  andaina paralela de 9 quilómetros pensada para gozar igualmente do entorno pero a un ritmo máis tranquilo.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de marzo e debe facerse a través da web do circuíto +kmsBarreiros. A día de hoxe, a cita supera xa as 300 persoas inscritas, o que confirma o interese que esperta esta proba edición tras edición.

Esta carreira será, ademais, a segunda proba do circuíto de carreiras populares +kmsBarreiros, unha iniciativa promovida polo Concello de Barreiros para fomentar a práctica deportiva e dinamizar o territorio a través de eventos ao aire libre.

Dende a organización animan tanto á veciñanza como a persoas chegadas doutros puntos a participar nunha xornada que combina deporte, convivencia e posta en valor do entorno natural do municipio.

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
O ESCRITOR LIONEL REXES VISITA O CLUB DE LECTURA DE BARREIROS O SÁBADO 18 DE ABRIL
FALTAN 7 DÍAS PARA VIVIR O GRAN CAMIÑO EN BARREIROS
UNANIMIDADE NA CORPORACIÓN DE BARREIROS EN CALIFICAR DE INSUFICIENTE A APORTACIÓN DA XUNTA AO SAF
O CONCELLO DE BARREIROS PARTICIPA NA POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA CONVIVE
O CONCELLO DE BARREIROS VÓLCASE DE NOVO CO SURF BASE

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte