Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Barreiros viviu onte un día de orgullo e expectación coa presentación oficial da XXIII Volta Ciclista a Galicia. No acto, que contou coa presenza da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e do concelleiro de dinamización, Dani García, desveláronse os detalles da terceira etapa que terá instalado o seu centro de operacións en San Cosme de Barreiros.
O recoñecido xornalista deportivo, Terio Carrera, foi o encargado de narrar o percorrido desta 3ª etapa da rolda galega que o ten todo para decidir a volta xa que conta cun percorrido esixente de 147 kms e 1 porto de 3ª categoría: Marco de Álvare e 3 portos de 2ª categoría: alto da Augaxosa, Fórnea, e Monte Comado.
Lembrade que a saída será ás 12:30 h. diante do Concello e que neste mesmo punto, haberá situada unha meta voante, polo que a proba cruzará San Cosme a toda velocidade para logo xirar cara Vilar, percorrer as praias ata a da Pasada, subir a San Miguel para afrontar o sprint final de volta a San Cosme (Meta).
Enlace ao vídeo: https://www.facebook.com/share/v/1AzdVcaUsB/
Nesta ligazón podedes ver o percorrido completo: https://loc.wiki/t/227982187?wa=sc
E aquí toda a información da Volta Ciclista a Galicia: https://www.voltagalicia.com/