Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PON EN MARCHA UN CURSO A DISTANCIA DE DEBUXO E PINTURA IMPARTIDO POLO ACUARELISTA JUAN RAMÓN ALVES

Data de publicación: 
mércores, 15 Abril, 2020 - 13:57

O acuarelista leonés, con segunda residencia en Barreiros, ofreceu a súa colaboración ao Concello para dar clases mediante a rede social facebook a pequenos e maiores.

Barreiros, 15 de abril de 2020. O Concello de Barreiros pon en marcha un curso a distancia de debuxo e pintura dirixido ás nenas e nenos, mais tamén para persoas adultas, que será impartido polo acuarelista leonés Juan Ramón Alves.

A iniciativa partiu do propio artista, que ten vivenda en Barreiros, e que xa no verán pasado mostrara a súa obra no centro sociocultural barreirense. A proposta foi moi ben acollida polo executivo local, ao tratarse "dunha iniciativa de aprendizaxe e entretemento que nos fai chegar unha persoa con un alto coñecemento da técnica e que se presta a compartilo gratuitamente co conxunto da veciñanza."

"É un luxo poder contar coa colaboración totalmente desinteresada dunha persoa do nivel de Juan Ramón Alves para achegar as técnicas de debuxo e pintura ás veciñas e veciños", sinala a alcaldesa. Para Ana Ermida, este tipo de propostas como a ofrecida por Alves "demostran que nas situacións máis adversas sae o mellor das persoas que están dispostas a aportar tempo e coñecemento aos demais para axudar a levar mellor estes momentos", agradece.

"Pinteando en Barreiros", o grupo de facebook para aprender.

Para a posta en marcha do curso cóntase con un grupo de facebook chamado "Pinteando en Barreiros", xestionado polo propio artista e persoal municipal, no que se compartirán as leccións e indicacións.

Aquelas persoas que teñan interese no curso, deberán trasladalo por mensaxe privada ou comentario na páxina de facebook do Concello de Barreiros ou solicitando a inclusión no grupo.

No grupo, o artista proporcionará contidos e actividades para ensinar as técnicas de debuxo e pintura e compartirá ensinanzas mediante documentos e titoriais para acompañar ás persoas que participen.

Haberá distintas publicacións dirixidas ás nenas e nenos e tamén a persoas adultas para que o grupo sexa dinámico e adaptado ás circunstancias de cada quen.

"Non se trata dun curso no que se busquen cualificacións finais, nen moito menos. Do que se trata é de que as persoas que poidan ter interese e lles apeteza practicar estas técnicas conten con un acompañamento profesional e as poidan desenvolver do mellor xeito posible, contribuíndo a ocupar o tempo libre e fomentando a capacidade artística da xente", explican desde o goberno municipal.

Desde a institución municipal animan ás veciñas e veciños a participar nesta experiencia e compartir as súas aprendizaxes nas redes sociais baixo o cancelo #PinteandoEnBarreiros.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN PARA ESTA SEMANA SANTA
BARREIROS INAUGUROU ESTA MAÑÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte