Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O vehículo desprazarase cada xoves, salvo que coincidan en días non laborables, e ubicarase nun punto ata o xoves da semana seguinte.
Barreiros, 16 de xaneiro de 2020. O Concello de Barreiros vén de poñer en marcha o servizo de punto limpo móbil, que percorrerá todas as parroquias e distintos lugares do concello para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos a toda a veciñanza.
O percorrido deste vehículo comeza hoxe mesmo, instalándose na pista da festa de Vilamartín Pequeno; onde permanecerá ata o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, cando se desprazará ata Vilamartín Grande.
A alcaldesa, Ana Ermida, xunto con parte do equipo de goberno, desprazouse ata Vilamartín para explicarlle á veciñanza o funcionamento do punto limpo móbil, e facilitando material informativo e bolsas reutilizables para fomentar a redución de residuos.
Despois de visitar os dous Vilamartíns, o vehículo colocarase o día 30 de xaneiro en Gondán.
O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que con este servizo “preténdese facilitar a correcta reciclaxe de residuos domésticos, achegando un lugar onde desfacerse deles de xeito correcto sen necesidade de achegarse ata o punto limpo que, lembra, segue abrindo os luns e xoves de 9 a 13 horas e séguese prestando o servizo de recollida de enseres voluminosos a domicilio, previa solicitude no propio concello.”
Desde o goberno municipal elaboraron un percorrido no que de xoves en xoves o vehículo desprazarase polos distintos lugares, con unha permanencia dunha semana, de xeito que periodicamente repetirá os lugares previstos.
O punto limpo móbil, adquirido con unha subvención da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comeza así un recorrido desde a zona interior do concello por todo o concello que ata xuño se realizará do seguinte xeito, concretando os lugares específicos mensualmente: