Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
BARREIROS PON EN MARCHA O PROXECTO VIAXES CULTURAIS OS DÍAS 25 E 26 DE MARZO. TRÁTASE DE RUTAS GUIADAS EN AUTOBÚS DUNHA HORA DE DURACIÓN PARA DAR A COÑECER O PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL DO MUNICIPIO.
O Concello, en colaboración coa Aciam de Barreiros e coas asociacións Barreiros Mar e Monte e Luz de Tea, poñen en marcha esta Semana Santa o proxecto Viaxes Culturais, os días 25 e 26 de marzo.
Estas viaxes consisten en rutas guiadas en autobús dirixidas a todas aquelas persoas que desexen coñecer máis profundamente o patrimonio natural e cultural deste municipio de A Mariña luguesa. As Viaxes Culturais realizaranse os días 25 e 26 de marzo, ás 10.00 da mañá.
Segundo explicaron os organizadores na presentación, que tivo lugar esta mañá, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedreo, “esta constitúese coma unha viaxe a través do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural de Barreiros que nos permite somerxernos en diferentes temas como a importancia do Diploma do Rei Silo, a relevancia de Santo Estevo do Ermo como paraxe natural, as pegadas do Barroco no Camiño Norte, o diñeiro indiano e a súa significación social, a lenda de Maeloc e o diamante azul do Monte Cornería, ou a explotación do río Masma no século XX (non só produtor de troitas senón tamén de electricidade)”.
As viaxes teñen unha duración dunha hora. O prezo é de 2 euros para os adultos. Os nenos poden gozar da proposta de xeito gratuíto. As persoas interesadas poden inscribirse chamado ao seguinte número de teléfono: 615 09 21 15. No acto de presentación participaron o alcalde, Alfonso Fuente, a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e membros das asociacións organizadoras.