Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS MELLORARÁ AS PRAZAS DE REINANTE E DO SOUTO

Data de publicación: 
sábado, 30 Novembro, 2024 - 12:29

Realizaranse actuacións de pintado e reposición de elementos, así como a instalación de paneis con fotografías antigas das propias prazas e arredores.

As actuacións suporán un investimento de máis de 37.000€, ao abeiro dun convenio coa área de Rural da Deputación.

Foto Ana Ermida na Praza de Reinante

O Concello de Barreiros vén de asinar coa área de Rural da Vicepresidencia da Deputación un convenio para mellorar as prazas de Santiago de Reinante e a do Souto, en San Miguel. Proseguen así os traballos de adecentamento e mellora dos núcleos rurais, nos que o Concello leva traballando nos últimos anos; como a creación do novo parque infantil e zona de ocio en San Cosme, ou as áreas de descanso en Vilamartín Grande e Vilamartín Pequeno.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “prazas moi importantes na vida e na historia de ambas parroquias e que ademais, teñen un importante valor patrimonial e arquitectónico, ao inserirse en espazos cunha elevada presenza de edificios tipo indiano.”

Ermida amosouse especialmente “contenta e orgullosa” de poder levar a cabo estas actuacións nestes lugares “xa que son espazos moi simbólicos e importantes para todas as veciñas e veciños destas parroquias e tamén de todo o Concello.” “Facíanse bailes, feiras, xogos populares, eran espazos de recreo para as nenas e nenos… e queremos recuperar esas vivencias”, continúa. “Por iso tamén queremos poñelas en valor na historia do concello e colocaremos paneis con fotografías que amosen a evolución destes espazos sociais.” Neste sentido, a rexedora traslada que se alguén ten fotografías antigas das prazas ou arredores, agradecen que llelas fagan chegar para poder contar coa maior variedade posible.

Por estas razóns, a rexedora explicou que “despois de tempo buscando a financiación que nos permitise actuar nestes espazos, logramos que a área de Rural da Deputación destine máis de 37.000€ cos que afrontar os investimentos necesarios.”

As actuacións, ademais das relativas ás fotografías consistirán no pintado das zonas existentes en ambas prazas, a renovación de elementos de seguridade como a rede de protección en Reinante ou os bolardos na zona do Souto, a renovación de canastras en Reinante e a mellora dos farois existentes no Souto.

Ana Ermida sinala que os traballos se realizarán no vindeiro ano, en función da meteoroloxía.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte