Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS LOGRA UNHA SUBVENCIÓN PARA REHABILITAR O INTERIOR DA ESCOLA DE VILAMARTÍN PEQUENO

Data de publicación: 
martes, 3 Xuño, 2025 - 13:16

A actuación ascende a máis de 55.000 euros, dos que o 70% é subvencionado con abeiro á orde publicada pola Consellería de Presidencia da Xunta.

O Concello de Barreiros vén de lograr a concesión dunha subvención de 39.165,15€ para a rehabilitación interior das Escolas de Vilamartín Pequeno. O orzamento total da obra ascenderá a 55.950,23 euros, dos que o Concello aportará a parte non subvencionada, que supón 16.785,08 euros.

A alcaldesa, Ana Ermida, reuniuse na tarde de onte, acompañada polo equipo de goberno, con representantes da Asociación de Veciños da parroquia para explicarlles o investimento que se realizará e os prazos que se manexan. A rexedora compartiu a alegría da veciñanza por poder levar a cabo este investimento, “xa que se trata dunhas obras moi demandadas polas persoas da parroquia, porque é o único lugar no que estaban a utilizar un inmoble que non se reformara en absoluto desde a súa construción na década dos 60.”

Nos últimos anos, a vida dese inmoble vai incrementándose, xa que acolle as actividades da propia Asociación veciñal e as realizadas polo Concello, como a visita dos Reis Magos, contacontos, espectáculos de maxia, música ou mesmo reunións municipais, explica Ana Ermida, “polo que é fundamental adaptar o espazo para que sexa moderno e inclusivo e permita a súa utilización por toda a poboación e en condicións actuais.”

As obras incluirán a dotación dun espazo de acceso con zona de almacenamento e un baño adaptado a persoas con mobilidade reducida, que substituirá aos existentes dos anos 60. Tamén se realizará a adecuación do espazo para unha sala multiusos que permita seguir dotando de vida estes locais que tamén serven como punto de reunión da veciñanza. O prazo para a execución abarca ata o mes de outubro.

Ana Ermida lembra que “para este goberno municipal sempre foi unha prioridade recuperar os edificios existentes para convertelos en verdadeiros locais sociais e de reunións veciñais. Tamén crear zonas de ocio vinculadas a estes, como xa se fixo no seu momento coa área de descanso que se habilitou a carón destas escolas.”

A alcaldesa agradeceu “á Asociación e a toda a veciñanza o esforzo realizado ao longo dos anos por manter viva unha pequena parroquia rural e pola colaboración que sempre amosan para dinamizar a súa veciñanza, coa participación nas actividades que se organizan desde o Concello.”

Ermida tamén anunciou que contan cun proxecto para o seu arranxo exterior, por un importe de máis de 34.000€, para o que se denegou unha axuda que se solicitara á Xunta; pero co que continúan traballando para lograr financiación e poder mellorar tanto os peches como a zona de uso exterior.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte