Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS INVESTIRÁ PRETO DE 130.000 EUROS EN MELLORAS NO POLÍGONO EMPRESARIAL

Data de publicación: 
mércores, 4 Xuño, 2025 - 13:46

Executarase o cambio de luminarias e a revisión do cadro existente, así como a reforma da rotonda de entrada, a colocación de cartelas de benvida, o pintado viario e renovación da sinalización vertical.

O Concello de Barreiros vén de acadar a aprobación dos dous proxectos de mellora do parque empresarial que presentara á orde de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas do seu parque empresarial.

A alcaldesa, Ana Ermida, anunciou que se trata de “melloras moi demandadas polo tecido empresarial, co que nos reunimos ao comezo de ano para poñer en común diversas cuestións, entre as que se valoraron estes investimentos.”

A rexedora manifestou a “satisfacción por poder realizar estes investimentos que mellorarán notablemente a imaxe dun parque empresarial que ten unha importantísima actividade económica e no que non se realizaran investimentos desde a súa posta en marcha hai máis de 20 anos.”

Os proxectos presentados inclúen actuacións no alumeado público, renovando as actuais luminarias de vapor de sodio e revisando e adaptando o cadro eléctrico. En materia de infraestruturas, prevén a modificación da rotonda de entrada para facilitar as manobras dos vehículos que acceden ás instalacións, a renovación e mellora da sinalización viaria tanto horizontal coma vertical, a colocación de cartelas con letras identificativas de entrada e a limpeza de beirarrúas e actuación nas illas de colectores de lixo.

A mandataria municipal agradeceu a colaboración do empresariado á hora de definir actuacións e de colaborar para acadar melloras que redundan no beneficio do sector empresarial e tamén do conxunto do municipio.

O custo total dos investimentos contemplados nos proxectos ascende a 129.381,50 euros, dos que serán subvencionados 91.064,09 euros; asumindo a diferencia o Concello con fondos propios.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DAS RUTAS NO VERÁN
BARREIROS ACOLLE A VINDEIRA SEMANA UN CURSO SOBRE MELLORA XENÉTICA DOS APIARIOS, IMPULSADO POLA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN
BARREIROS COMPLETA A FORMACIÓN DO CADRO DE SOCORRISMO PARA ENTRAR NA TEMPADA ALTA
COMEZA O PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO PARA A TEMPADA 2025-2026
O CLUB DE LECTURA PECHA ESTA TEMPADA CUN CAFÉ-COLOQUIO ACOMPAÑADOS DO ESCRITOR XABIER PAZ

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte