Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS INVESTIRÁ MÁIS DE 40.000 EUROS EN MELLORAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Data de publicación: 
martes, 18 Febreiro, 2025 - 11:07

Realizaranse obras de pintado exterior, acondicionamento do patio e adopción de medidas de seguridade e renovación total do equipamento do patio exterior.

A escola contará na súa fachada cun mural de Diego As, grafiteiro lucense que figura entre os 10 mellores do mundo, gañando no ano 2023 o recoñecemento ao mellor graffiti do mundo co Xulio César que se pode ver na Ronda da Muralla.

O Concello de Barreiros continúa realizando investimentos na Escola Infantil Municipal para “actualizala, mellorala e corrixir as deficiencias que se atoparon nestes anos.”

Nesta ocasión, as actuacións a levar a cabo serán o pintado exterior da mesma e unha renovación do patio exterior, dotándoo de equipamento actual en canto a seguridade, pero tamén e fundamentalmente en canto a pedagoxía.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “dotar a escola de materiais que son propios dun sistema educativo centrado na evolución das nenas e nenos, no que as educadoras da primeira etapa teñen un papel fundamental que debe complementar e acompañar a educación que se recibe por parte das familias”.

Así, retíranse elementos fixos que incumpren coas actuais normas de seguridade en escolas infantís e substituiranse por elementos móbiles que permiten traballar aspectos como a mobilidade ou a psicomotricidade, fundamentais na primeira etapa educativa.

Ademais, procederase a drenar exteriormente o muro do patio, para evitar as filtracións de humidades existentes, e ao seu enfoscado. Instalarase tamén unha saída de emerxencia do propio patio, da que carece na actualidade e coa que se gaña en seguridade nas instalacións.

A concelleira delegada de Educación, Igualdade e Saúde Pública, Montse Porteiro, explica que “a Escola Infantil é para este goberno municipal un símbolo que vai moito máis aló dun mero edificio no que se presta un imprescindible servizo. Para este goberno é un edificio no que se está a traballar o futuro de Barreiros, educando e criando persoas que serán as que habitarán este concello no futuro.” “Por iso centramos moitas das nosas actuacións nese servizo que, pese a non ser unha competencia propia, prestamos coa intención de poñer un instrumento nas mans das familias; pero tamén para convertela nun instrumento para as nenas e nenos que pasan por ela e deixar unha pegada que contribúa a facer un Barreiros mellor”.

Diego As decorará o exterior da Escola Infantil cun dos seus murais.

O recoñecido e galardoado grafiteiro lucense, Diego As, será o encargado de personalizar cun dos seus murais o edificio destinado ás nenas e nenos barreirenses.

O muralista recoñecido no ano 2023 como campión de España de graffitis e galardoado co mellor mural do mundo nese mesmo ano polo seu mural de Xulio César que se pode atopar na Ronda da Muralla de Lugo, terá o seu espazo na fachada exterior do edificio municipal barreirense.

A alcaldesa manifesta a súa “satisfacción por poder contar cun artista dese nivel para decorar a Escola Infantil, poñendo a arte como referencia para as nenas e nenos e facendo aínda máis especial este espazo que, sen dúbida,  marca a todas as crianzas que pasan por el”. Ermida explica que darán “total liberdade” ao artista para que presente as ideas que considere, cunha obra na que se “reflicta Barreiros e que traslade o significado dunha escola infantil como ese espazo no que medrar libres e iguais”.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
PRESENTADA A XII EDICIÓN DA 1/2 KM VERTICAL MONTE COMADO
COMUNICADO DO CONCELLO DE BARREIROS SOBRE O CUMPRIMENTO DA SENTENZA COA DEMOLICIÓN DE SEIS VIVENDAS EN LÓNGARA
A VOLTAS COS CONTOS ENCHERÁ DE ACTIVIDADES ESTE VERÁN AS PARROQUIAS DO INTERIOR DE BARREIROS
BARREIROS PRESENTA O SEU PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS PARA ESTE VERÁN 2026
"MIRADAS. MULLERES NA ARTE" CHEGA AO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BARREIROS

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte