Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS INSTALA DOUS MIRADOIROS Á BEIRA DA RÍA DE FOZ-MASMA

Data de publicación: 
venres, 7 Outubro, 2022 - 11:19

O Concello de Barreiros vén de instalar dúas plataformas-miradoiro ao carón da ría de Foz-Masma.

Segundo o Alcalde en funcións, Antonio Veiga, “estas infraestruturas atópanse nos lugares coñecidos como A Barcela e Pallares, localizacións desde as cales se obteñen unhas fermosas vistas deste espazo natural protexido e de gran beleza paisaxística”.

A Ría de Foz-Masma forma parte da Rede Natura 2000 baixo as figuras de protección ambiental “Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)” e “Zona de Especial Conservación (ZEC)”. Así, xunto coa Zona de Especial Conservación As Catedrais, ambos recursos están integrados nesta rede europea de espazos protexidos, considerada un importante instrumento para fomentar a conservación e posta en valor da biodiversidade.

Segundo o Concelleiro de Medio Ambiente e Rural, Dámaso Ratoeira, “unha das claves para fomentar a conservación do patrimonio, sexa natural ou cultural, é favorecer o achegamento da sociedade aos seus valores fomentando a súa visión como parte da nosa identidade cultural e concienciando sobre o papel que xogamos na súa conservación”.

As actuacións comprenden dúas anualidades. Así, neste ano 2022 procedeuse á instalación destes dous miradoiros acompañados de cadansúa mesa interpretativa e de bancos para gozar con calma das vistas a este espazo natural. Ademais, instalouse a estrutura doutra mesa interpretativa no lugar de Xestelo, tamén ao carón da ría.

Xa para o 2023, está prevista a colocación dos paneis informativos nestas tres mesas interpretativas que xa están colocadas así como a instalación doutras tres que non só versarán sobre a ría senón que tamén comprenderán os valores ambientais, xeolóxicos e culturais da Zona de Especial Conservación As Catedrais.  Polo tanto, esta posta en valor dos recursos naturais tamén abarcará a franxa litoral entre a praia de Arealonga e a de Lóngara.

Todos estes puntos se integran no itinerario do Camiño Natural do Cantábrico. Ademais, tanto ámbolos miradoiros como a mesa interpretativa de Xestelo se atopan no percorrido da recentemente remodelada ruta de sendeirismo “Lagoa de Pallares”. Tanto destas sendas como dos espazos naturais da Rede Natura 2000, se pode atopar información na páxina web municipal de turismo www.barreirosturismo.gal.

Estas actuacións realizáronse en base á convocatoria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para os anos 2022-2023. Trátase de axudas a investimentos en espazos Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, xunto coa aportación realizada polo Concello de Barreiros.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
I CERTAME DE TEATRO AMADOR “CONVIDA NO RURAL” EN BARREIROS
BARREIROS DIVULGA OS VALORES AMBIENTAIS E CULTURAIS DO SEU TERRITORIO A TRAVÉS DUN OBRADOIRO DE EMPREGO
BARREIROS ADXUDICARÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS OBRAS EN VIAIS MUNICIPAIS POR IMPORTE DE MÁIS DE 270.000 EUROS
BARREIROS DEU INICIO ÁS LABORES DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS COA POSTA EN MARCHA DA BRIGADA FORESTAL
CONEXIÓNS MÓBILES MÁIS VELOCES E MELLOR COBERTURA CHEGAN A BARREIROS

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte