Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
    • Como chegar?
    • Praias
    • Montaña
    • Patrimonio
    • Camiño Norte de Santiago
    • Sendeirismo
    • Hostalaría
    • Gastronomía
    • Festas
    • Galería multimedia
    • Vídeo Barreiros queda en ti
    • Vídeo promocional
    • Descargas
  • Contacto

BARREIROS INICIOU AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO ABASTECEMENTO DE AUGA A REMIOR

Data de publicación: 
venres, 10 Setembro, 2021 - 15:16

Esta semana iniciáronse as obras de renovación da rede de abastecemento de auga a Remior.

Esta rede que tiña preto de 50 anos de antigüidade atopábase nun estado lamentable, con continuas roturas ao estar feita con materiais obsoletos como é o fibrocemento. “A zona de Remior, onde hai varias explotacións gandeiras e a zona costeira que soportou nos últimos anos unha elevada presión urbanística precisaban dunha renovación total da rede de abastecemento de auga potable, por iso acometemos esta obra que era moi demandada tamén pola veciñanza” explicou a concelleira de Augas, Montserrat Porteiro, que no día de hoxe visitou as obras xunto co alcalde en funcións Antonio Veiga.

Mellora da calidade do servizo e aforro nos arranxos de fugas

Esta obra que conta cun orzamento de preto de 200.000€ é financiada nun 80% pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, poñendo o Concello de Barreiros o 20% restante, en virtude do convenio asinado no seu día entre a deputada de Medio Rural Mónica Freire e a alcaldesa Ana Ermida.

A nova canalización discorrerá pola marxe esquerda da estrada provincial LU-P-0602 ao longo de 2,3Km e os traballos, adxudicados á empresa Adecom prolongaranse durante todo o mes de setembro.

Esta actuación mellorará notablemente a calidade do servizo de abastecemento e suporá un aforro importante para o concello no arranxo de fugas. “Con este importante investimento imos dar solución a un problema que se arrastraba desde moitos anos atrás” afirmou Antonio Veiga.

Desde o Concello de Barreiros comunican tamén que ao ser obras de importancia, na súa execución  poden provocar pequenas molestias no abastecemento de auga nalgunhas zonas, polo que piden desculpas por adiantado, pois son obras necesarias para acometer as melloras, obras que se pospuxeron para setembro dado que en época estival a execución resultaría mais complicada.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
Barreiros aproba unha declaración de apoio ao serctor lácteo
BARREIROS CREA A MESA LOCAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
BARREIROS RECOLLE APORTACIÓNS DA VECIÑANZA PARA A ELABORACIÓN DO PLAN MUNICIPAL DOS ODS
O CONCELLO DE BARREIROS GARANTE A CONTINUIDADE DO COMEDOR ESCOLAR DO CEIP DE SAN COSME
BARREIROS CONTINÚA COA PROGRAMACIÓN DE ACTOS CULTURAIS E ADICA O MES DE NOVEMBRO Á LOITA CONTRA AS VIOLENCIAS

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte

Turismo

  • Como chegar?
  • Praias
  • Montaña
  • Patrimonio
  • Camiño Norte de Santiago
  • Sendeirismo
  • Hostalaría
  • Gastronomía
  • Festas
  • Galería multimedia
  • Vídeo Barreiros queda en ti
  • Vídeo promocional
  • Descargas