Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS ESTUDA NUNHA COMISIÓN MUNICIPAL AS ACTUACIÓNS NO ENTORNO DA PRAIA DE SAN BARTOLO

Data de publicación: 
mércores, 23 Outubro, 2024 - 16:54

O Concello de Barreiros segue avanzando no estudo de alternativas para o entorno da Praia de San Bartolo. No día de onte, tivo lugar unha xuntanza da comisión creada polo Pleno, con representación dos tres grupos políticos, para recibir a información por parte do Servizo Provincial de Costas.

Na sesión, que se prolongou por máis de dúas horas, o xefe provincial do servizo explicou a situación existente, fixo referencia a outras similares e abriu un abano de posibilidades de actuación en base á experiencia previa similar noutros puntos da costa.

A alcaldesa, Ana Ermida, facía un resumo das posibilidades en dúas: “debemos avaliar se reabrir os accesos, cun mero arranxo dos mesmos, baseándonos nunha prohibición de achegarse aos cantís na ordenanza municipal ou solicitar un estudo xeotécnico completo e rigoroso da zona para ver a estabilidade do cantil e determinar as actuacións a levar a cabo que poden concluír no retranqueo do propio paseo marítimo.”

A rexedora, incidiu na idea que leva trasladando desde o inicio desta situación: “a día de hoxe o único xeito de garantir a seguridade na praia é non permitindo o acceso á mesma, especialmente, en marea alta, cando o espazo que queda é unicamente o de debaixo dos cantís.”

Na reunión de onte tamén quedaron descartadas tecnicamente outras posibilidades trasladadas polo portavoz da oposición, como o enchido dos buratos creados polo mar con formigón ou outros materiais.

Coa información trasladada onte, os representantes municipais dos tres partidos volverán reunirse o vindeiro luns pola tarde, a efectos de deliberar por se existe unha decisión consensuada. En calquera caso, a rexedora ofreceu á oposición a posibilidade de propor o convite a persoas expertas que poidan aportar información ou coñecementos adicionais aos recibidos onte, co fin de “facernos unha composición da situación o máis real e obxectiva posible de cara a fundamentar as decisións que tomemos.”

A comisión está conformada pola propia alcaldesa; o concelleiro de media ambiente, Dámaso Ratoeira Basanta; a concelleira do PSOE, Carmen Veiga Rodríguez, e os concelleiros populares, José Manuel Gómez Puente e María Ramona García de Gabriel.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ESCAPE ROOM NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BARREIROS
PRESENTADO O IX TRAIL MONTE COMADO QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO 11 DE OUTUBRO EN BARREIOS
A ALCALDESA DE BARREIROS PIDE MEDIDAS ANTE A FALTA DE PERSOAL FACULTATIVO NO CENTRO DE SAÚDE
BARREIROS CELEBRARÁ O SEU TRADICIONAL MERCADIÑO NO OUTONO O DOMINGO 12 DE OUTUBRO
BARREIROS DIXO NON Á BARBARIE EN GAZA

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte