Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Os Concellos de Barreiros e Lourenzá chegan a un acordo para potenciar e mellorar a formación das crianzas barreirenses que queiran practicar atletismo.
Mediante este acordo, o corpo técnico das EEDD de Lourenzá asumirá os adestramentos da modalidade de atletismo para as nenas e nenos de Barreiros, que contarán cun adestramento neste municipio, outro no de Lourenzá e un terceiro para o uso das pistas de atletismo de Cervo.
A alcaldesa barreirense, Ana Ermida, manifestou que "valoramos positivamente para este acordo o traballo e a metodoloxía que levan feito durante todos estes anos nas Escolas de Lourenzá, que nos servirá para seguir apostando pola base sen perder a nosa identidade como Escolas deportivas de Barreiros", e amosouse convencida da necesidade de aproveitar sinerxías entre Concellos para dar máis e mellores servizos á veciñanza”.
As inscricións están abertas e realízanse nas oficinas do Concello de Barreiros sendo o comezo da actividade o luns da vindeira semana.