Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Hoxe, coa lectura do manifesto convocado pola FEGAMP, Barreiros deixou claro que non quere mirar para outro lado ante o asoballamento que Israel está a provocar na Franxa de Gaza.
O brutal ataque contra a poboación palestina de Gaza suma máis de 60.000 mortos (dos que máis de 16.000 son menores), máis de 100.000 feridos e borrou da face da terra a familias enteiras, arrasado barrios residenciais, destruído infraestruturas críticas e desprazado forzosamente a 1,9 millóns de palestinos e palestinas (máis do 90% da poboación da Franxa de Gaza), causando unha catástrofe humanitaria sen precedentes.
Son cifras arrepiantes, inaceptables, que vulneran calquera noción básica do principio de humanidade e que violan os fundamentos básicos do dereito internacional e do dereito internacional humanitario.
Ante estes feitos, que diferentes organismos internacionais recoñecen e sinalan como xenocidio, desde Barreiros reclamamos un cese inmediato da violencia e a entrada de axuda humanitaria.