Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS DÁ PASOS PARA A RENOVACIÓN INTEGRAL DO ALUMEADO PÚBLICO

Data de publicación: 
venres, 21 Marzo, 2025 - 10:48

Tras coñecer os resultados da auditoría realizada no servizo, proxéctase un investimento de máis de 2 millóns de euros.

Barreiros, 21 de marzo de 2025. O Concello de Barreiros renovará integramente o seu alumeado público en base a un proxecto que inclúe a substitución de todas as luminarias por tecnoloxía LED, a adecuación dos cadros de mando e cableados, a instalación dun sistema de telexestión e de regulación do fluxo lumínico e medidas para a redución da contaminación lumínica.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata dun “proxecto moi ambicioso co que se actuaría na totalidade da rede de alumeado público, comprendendo máis de 1.650 puntos de luz e arredor de 70 centros de mando”. A rexedora sinala que “o que se pretende é unha actuación integral coa que garantamos o cumprimento de todas as normativas en materia de iluminación e co que se poderá obter un importante aforro de enerxía, que poderá chegar ao 85% do aforro”.

Para obter financiación para levar a cabo este proxecto, o Concello de Barreiros vén de concorrer ao programa de axudas para a renovación das instalacións de alumeado exterior municipal (proxectos singulares de alumeado municipal) do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética, mediante a solicitude dun préstamo reembolsable sen intereses a 10 anos.

“Deste xeito, poderían financiarse os 2.048.125€ nos que se valora o proxecto dun xeito cómodo e que non afectaría á estabilidade económica municipal, ao estar saneada despois do grande esforzo de xestión nos últimos anos”, explica Ermida. “Estanse vendo os resultados da boa xestión económica que agora xa nos permite afrontar investimentos importantísimos para o Concello que, coa situación económica que atopamos hai seis anos era impensable”, asegura, marcando así a diferencia “entre quen acudiu a crédito para tapar furados da mala xestión e quen pode acudir para desenvolver proxectos fundamentais para a mellora de Barreiros.”

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS LANZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELECLUB DE SAN COSME
BARREIROS INICIARÁ NESTE 2026 AS CONEXIÓNS PEONÍS E CICLABLES COAS PRAIAS
ESTE NADAL TAMÉN VOLVEMOS A XUVENLUGO
A AULA CEMIT DE BARREIROS VOLVE CONECTAR CON LAPONIA PARA QUE AS NENAS E NENOS LLE FAGAN AS SÚAS PETICIÓNS A PAPÁ NOEL
DEGUSTACIÓNS DE PRODUTOS RURAIS ESTE DOMINGO NO MERCADIÑO DE NADAL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte