Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS CONTARÁ CUNHA PISTA MULTIDEPORTE EN SAN COSME TRAS A APROBACIÓN DUN CONVENIO ENTRE CONCELLO E XUNTA

Data de publicación: 
martes, 18 Maio, 2021 - 19:28

Barreiros, 18 de maio de 2021. A Xunta de Goberno de Barreiros vén de dar luz verde ao texto dun convenio de cooperación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para  a instalación dunha pista multideporte en San Cosme.

O proxecto aprobado está valorado en 29.938,17 euros, nos que se inclúen as labores de adecuación da zona lindeira ao colexio para a dotación dunha zona de esparexemento e xogos; dos cales a Xunta de Galicia aporta 20.000 euros e os 9.938,17 restantes se financian con cargo ao orzamento municipal de Barreiros.

A alcaldesa explica que esta actuación persigue o obxectivo de “dotar a San Cosme dunha zona urbana con servizos para todas as idades e, especialmente, para as nenas e nenos dunha idade na que xa non fan uso do parque infantil, pero precisan os seus espazos de ocio.”

Esta actuación súmase á recente instalación dunha zona de compostaxe comunitaria e á colocación próxima da pista de skate na parte traseira do teleclub. Ana Ermida insiste en relacionar “todas as obras que se proxectan no centro de San Cosme -como a humanización da rúa do centro social ou a rehabilitación das antigas escolas e o teleclub- como un proxecto ambicioso de facer do núcleo urbano de San Cosme un espazo no que as persoas dispoñan de servizos e zonas nos que a vida sexa máis cómoda, sendo así máis atractivo.”

A pista que se instalará tras a sinatura do convenio entre as dúas administracións e o proceso de licitación correspondente, consistirá nun espazo con peche perimetral para protexer as nenas e nenos no que se intalarán canastas e porterías para o xogo ao aire libre.

A alcaldesa valorou positivamente a cooperación interadministrativa que está a conseguir o Concello de Barreiros con outras administracións, que permiten levar a cabo obras e dotar de servizos que a administración local en solitario non podería afrontar; como por exemplo o abastecemento da zona de Remior –nos que a delegación de medio rural da Deputación Provincial aporta 175.000 euros- que se atopa neste momento en licitación para a súa execución.  

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PÍDELLE Á XUNTA QUE INCLÚA OS CAMPAMENTOS MUNICIPAIS NO BONO CONCILIA FAMILIAS
BARREIROS PRESENTA O PROGRAMA DO MERCADIÑO NO OUTONO CON ACTIVIDADES PARA TODO O DÍA
DEZ ANOS DE TRAIL POLO MONTE COMADO
O CONCELLO DE BARREIROS VOLVE ACADAR O PREMIO MARÍA MOLINER POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA CRIANZAS. TEMPADA 26/27

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte