Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS COMPLETA A FORMACIÓN DO CADRO DE SOCORRISMO PARA ENTRAR NA TEMPADA ALTA

Data de publicación: 
mércores, 2 Xullo, 2025 - 10:20

O Concello facilitou ao persoal un curso de salvamento en moto acuática e outro de emerxencias e primeiros auxilios

Tamén se incorporaron 6 auxiliares para reforzar a vixilancia nos areais.

O servizo de salvamento e socorrismo de Barreiros completou onte o seu cadro de persoal, coa incorporación de 6 auxiliares que reforzarán os 22 socorristas e as 2 técnicas sanitarias contratadas. Compétase así un cadro de persoal de 30 persoas que aínda non é suficiente para un servizo completo en todos os areais.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que “o persoal de socorrismo e sanitario leva contratado desde mediados de xuño, co fin de organizar o servizo e mellorar a súa formación”. Neste sentido, a rexedora informou de que o Concello organizou dúas formacións que melloran os coñecementos do persoal e reforzan a súa seguridade.

Trátase dun curso de tres xornadas para manexo de moto acuática e manobras de rescate con este vehículo, no que participaron as 10 persoas que contan con licenza de navegación para manexar a embarcación.

O outro curso, dirixido a todo o persoal, é unha formación en emerxencias e primeiros auxilios que refresca uns coñecementos que xa teñen e reforza a súa seguridade á hora de aplicar a teoría.

Ambos cursos contaron con partes prácticas, nas que o persoal puido resolver dúbidas na aplicación do seu coñecemento.

A alcaldesa agradeceu a participación de todo o persoal nestes cursos, “o que demostra o seu compromiso co traballo e a responsabilidade coa que o exercen.” “O Concello realiza un esforzo importante á hora de dotar o servizo de coñecementos e recursos e é un pracer que ese esforzo se vexa correspondido polo persoal. E estas dúas cuestións son a clave das melloras que se produciron no servizo nos últimos anos: seriedade, esforzo e seriedade; que son as características que definen actualmente o servizo de salvamento e socorrismo de Barreiros.”

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DAS RUTAS NO VERÁN
BARREIROS ACOLLE A VINDEIRA SEMANA UN CURSO SOBRE MELLORA XENÉTICA DOS APIARIOS, IMPULSADO POLA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN
COMEZA O PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO PARA A TEMPADA 2025-2026
O CLUB DE LECTURA PECHA ESTA TEMPADA CUN CAFÉ-COLOQUIO ACOMPAÑADOS DO ESCRITOR XABIER PAZ
A RAPAZADA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE BARREIROS VIAXARÁ A DIVERJUMP

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte