Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O grupo A Adala puxo en escena o 15 de maio "Unha morta moi viva" no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro que se encheu para gozar con esta representación.
O 17 de maio as escolas de Celeiro de Mariñaos acolleron un acto en homenaxe a Manuel María no que a concelleira de Cultura, Adelina Fernández, lembrou a vida do poeta lugués e seguidamente tivo lugar unha actuación da Coral Polifónica barreirense. Os asistentes gozaron de temas ben coñecidos como o himno galego, en homenaxe a Manuel María e ao Día das Letras Galegas, e tamén escoitaron unha canción habanera que serviu como adianto do que será o IV Festival de Habaneras que se celebrará este vindeiro sábado, 21 de maio.