Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS CELEBRARÁ O VINDEIRO DOMINGO 26 DE NOVEMBRO A GALA FINAL DO CIRCUITO +KMSBARREIROS

Data de publicación: 
luns, 20 Novembro, 2023 - 13:22

Romina Reimondo e David Manuel Martinez impuxéronse nas categorías absolutas.

Barreiros celebrará a gala final do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros o domingo 26 de novembro ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme na que se repartirán 700€ en metálico para as categorías de adultos e, obsequio final máis diploma de recordo para todas as categorías e todas as persoas que completaran 4 ou máis probas; 3 no caso de menores.

O circuíto +KmsBarreiros 2023 chegou ao seu fin o pasado domingo 12 de novembro coa celebración da última proba, a V carreira Ao son do Masma. Tras esta última carreira, a clasificación xeral do circuíto de carreiras populares de Barreiros deixa como gañadora da categoría feminina absoluta a Romina Reimondo do Toxiza Clube de Montaña, quen este ano logrou revalidar o título; seguida da súa compañeira de clube, Fátima López, e de Julia Salvado do ACADE, quen logrou o terceiro posto.

Na categoría masculina absoluta David Manuel Martinez, do Club Atletismo Lourenzá, foi o gañador. A segunda posición foi para Alex Villalba das Escolas Deportivas de Lourenzá e, completando o podio, Álvaro Pico da A.D. Augas Santas de Barreiros.

Esta edición do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros organizado polo Concello de Barreiros e que conta colaboración da área de deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das asociacións locais: Colectivo Cultural Ollomao, Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, A.D. Augas Santas de Barreiros, logrou unha importante cifra de participación chegando ás 751 persoas inscritas nalgunha ou en varias probas das que o compoñen: a Carreira Solidaria de Reis, 8 de xaneiro, a Carreira das Praias, 7 de abril, o ½ Km Vertical, 22 de xullo, a Benquerencia Terra Mar, 06 de agosto, o Trail Monte Comado, 15 de outubro e a carreira popular Ao Son do Masma celebrada o pasado 12 de novembro.

Con estas cifras confírmase a boa acollida que está a ter o circuíto polo que o Concello de Barreiros seguirá apostando no 2024 polo deporte como un dos polos para desestacionalizar o turismo e fomentar os hábitos saudables entre a veciñanza.
As clasificaicóns poden verse ao completo na web maiskmsbarreiros.gal así como a través da propia app do circuíto.
 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS NAS EXPLOTACIÓNS
TEATRO NO CENTRO SOCIOCULTURAL PARA ESTE DOMINGO
NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DO CELTA DE VIGO EN BARREIROS
O MERCADIÑO NA PRIMAVERA DE BARREIROS VOLVEU ENCHER UNHA EDICIÓN MÁIS A PRAZA DO CONCELLO
CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte