Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A Biblioteca Pública Municipal organiza unha exposición para celebrar o día do libro. Poderase visitar desde hoxe, 30 de marzo, e ata o 29 de abril no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas. Durante a Semana Santa os días 10, 11 e 12 de abril o horario será de 9:30 a 15:00 horas.
Esta actividade foi organizada para celebrar o día internacional do libro infantil e xuvenil, que ten lugar o 2 de abril, e o día internacional do libro, que será o día 23. Desde a Biblioteca Pública Municipal animan a nen@s e adultos a ler e a visitar esta mostra. E lembran que “nas nosas instalacións atoparán interesantes novidades, así coma os libros máis lidos”.
Ademais o vindeiro martes, 4 de abril, ás once da mañá o grupo Lucusneda – Guagua Teatro representará Lúa en vila dos libros, unha obra que mestura teatro e música nunha historia que reflicte a importancia dos libros nas nosas vidas. A actividade, enmarcada na celebración do día internacional do libro infantil e xuvenil, está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Organizan a Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.