Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

Barreiros aproba unha declaración de apoio ao serctor lácteo

Data de publicación: 
martes, 30 Novembro, 2021 - 14:48

A proposta da alcaldía foi secundada por todos os grupos da corporación para trasladar a solidariedade ás explotacións gandeiras e solicitar a implicación das administracións.

Barreiros, 30 de novembro de 2021. O Concello de Barreiros vén de aprobar unha declaración institucional asinada por todas as forzas políticas de apoio ao sector leiteiro ante a situación que se está a vivir, e a que se prevé nos próximos meses, relativa ao prezo do leite.

No pleno celebrado na tarde de onte, a alcaldesa, Ana Ermida, deu lectura a unha declaración consensuada previamente con todos os grupos da corporación na que o Concello de Barreiros “traslada a súa solidariedade ás gandeiras e gandeiros do noso Concello que están atravesando unha situación complicada nas súas explotacións.

En dita declaración fan “un chamamento a todas as administracións a traballar dun xeito serio e responsable na busca de solucións e instrumentos para afrontar a situación: como a promoción por parte da Xunta de Galicia  dun Foro de encontro, debate e negociación, arbitrado e moderado pola Consellaría do Medio Rural, onde estean representados todos os actores da cadea de produción e obtención do leite e derivados: produtores/as, cooperativas, industria e especialmente a distribución e o desenvolvemento por parte do Goberno do Estado da Lei da Cadea Alimentaria, dotando aos sectores produtivos dunha ferramenta obxectiva que fixe uns custes de produción de referencia vinculantes e obrigatorios.”

A alcaldesa explicou que “boa parte deste sector amosa unha dependencia perigosa dos insumos esóxenos que na volatilidade dos seus prezos, periodicamente, someten a duras probas a viabilidade destas explotacións. A esta volatilidade hai que sumar que, nestes tempos, a suba e abuso dos oligopolios das eléctricas e dos combustíbeis fan insostíbel a situación.”

Na propia declaración recóllese a importancia do sector como “estratéxico para o conxunto de Galicia e tamén no concello de Barreiros, onde as explotacións gandeiras veñen resistindo todas as dificultades que atravesan cun importante esforzo das mesmas e xerando un valor engadido innegable ao municipio, e que nestes momentos están vendo ameazada a súa viabilidade.”

Ana Ermida trasladou a disposición do Concello de Barreiros para acompañar ao sector nas súas demandas e manifestou que darán traslado do acordo á Xunta e Goberno central para a súa implicación na adopción de medidas que solucionen dun xeito decidido a situación que atravesa o sector lácteo.

 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
PRESENTACIÓN DO DESFILE E BAILE DE ENTROIDO 2018
O CONCELLO INICIOU OBRAS DE ARRANXO DE VARIAS ESTRADAS EN SAN PEDRO, SAN COSME E VILAMARTÍN GRANDE
O VENRES 16 DE FEBREIRO TERÁ LUGAR O DESFILE DE ENTROIDO CON CEA E BAILE
O 11 DE FEBREIRO CELÉBRASE EN BARREIROS O FESTIVAL DE ENTROIDO INFANTIL E XUVENIL
O 3 DE FEBREIRO TERÁ LUGAR EN BARREIROS A 1ª CEA BAILE DE ENTROIDO

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 96
  • 97
  • 98
  • 99
  • 100
  • 101
  • 102
  • 103
  • 104
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte