Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS ACOLLE DÚAS PROBAS PARA A CERTIFICACIÓN COMDIX NA AULA CEMIT

Data de publicación: 
mércores, 18 Xuño, 2025 - 13:31

A aula CeMIT de Barreiros acolle esta semana dúas probas oficiais para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (COMDIX), convocadas pola Xunta de Galicia mediante resolución publicada no DOG do 6 de maio de 2025.

Este mércores, 18 de xuño, celebrouse o exame correspondente ao nivel de iniciación, mentres que o venres 20 terá lugar a proba do nivel intermedio, centrada na avaliación de competencias máis avanzadas e prácticas no uso das tecnoloxías da información e da comunicación.

Desde o  Concello de Barreiros salientan a importancia de contar cunha aula que permite á veciñanza acceder a certificacións oficiais sen necesidade de desprazamentos, “desde a aula CeMIT de Barreiros seguimos achegando diferentes opcións e facilitando recursos para que a cidadanía poida mellorar as súas competencias persoais e profesionais sen saír do concello. Tamén se traballa na formación para as persoas que se achegan por primeira vez as novas tecnoloxías así como coas crianzas, para as cales se conta con tecnoloxías disruptivas que fomentan o aprendizaxe de maneira divertida e creativa”.

A certificación COMDIX é a certificación galega en competencias dixitais, dirixida a persoas de máis de 16 años e que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional. Esta certificación ten como referencia o Marco galego de competencias dixitais, que está aliñado co Marco Europeo DigComp, garantindo así unha acreditación válida e recoñecida.

A aula CeMIT de Barreiros, situada no Teleclub de San Cosme, acolle tamén o programa de Aula Mentor, un programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a formación aberta, flexible e a distancia a través de internet, dirixido a persoas adultas e que conta cunha oferta formativa de máis de 200 cursos.

Esta aula está catalogada como aula de referencia dentro da Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica). Un recoñecemento que avala o seu nivel de actividade na promoción da alfabetización dixital e na inclusión tecnolóxica.

Para máis información, as persoas interesadas, poden achegarse a propia aula os martes e xoves en horario de 9:30 a 14:30 horas, ou consultar a través dos medios habituais do Concello.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
FALTAN 7 DÍAS PARA VIVIR O GRAN CAMIÑO EN BARREIROS
UNANIMIDADE NA CORPORACIÓN DE BARREIROS EN CALIFICAR DE INSUFICIENTE A APORTACIÓN DA XUNTA AO SAF
O CONCELLO DE BARREIROS PARTICIPA NA POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA CONVIVE
BARREIROS PRESENTA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS
O CONCELLO DE BARREIROS VÓLCASE DE NOVO CO SURF BASE

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte