Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BANDO SOBRE NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2024

Data de publicación: 
venres, 7 Xuño, 2024 - 14:57

A alcaldía de Barreiros, como órgano responsable da seguridade no termo municipal, ante a proximidade da celebración das fogueiras de San Xoán e San Pedro pon en coñecemento da poboación en xeral as normas para a celebración das mesmas:

PRIMEIRO.- Só se permite a realización de fogueiras en espazos públicos a asociacións ou entidades legalmente constituídas previa solicitude por escrito do espazo e autorización nas condicións que se determine. Deberán respectar as normas establecidas para eventos.

SEGUNDO.- Queda terminantemente prohibida a realización de fogueiras en espazos naturais como praias, montes ou calquera outro espazo de sensibilidade natural e/ou ecolóxica.

TERCEIRO.- Autorízase a realización de fogueiras exclusivamente por particulares e en lugares privados, coas seguintes normas de seguridade:
• Non deben facerse fogueiras dunha altura elevada, nin preto de lugares con vexetación ou a menos de 10 metros de tendidos eléctricos ou de telecomunicacións.
• Non se pode facer lume no contorno de locais ou depósitos nos que se almacenen produtos inflamables, nin preto de vivendas ou de calquera infraestrutura ou elemento, público ou privado, que se poida ver afectado negativamente.
• Non está permitido prender o lume se existe un exceso de vento ou se o IRDI (Índice de Risco Diario de Incendios) se atopa en nivel extremo.
• Cómpre evitar usar materiais que xeren grandes charamuscas (pólas de eucalipto con follas secas, papeis etc.) que poden chegar acesas moi lonxe.
• É necesario ter auga preto para actuar ante posibles escapes.
• Non se permiten empregar na fogueira líquidos inflamables ou materias contaminantes (pneumáticos, aerosois, plásticos, cortiza branca …).
• Cómpre deixar a fogueira, e as súas cinzas, completamente apagadas antes de marchar.
• En caso de se producir algún problema é obrigado chamar ao teléfono 112 (a chamada é gratuíta).

CUARTO.- A comunicación realizada para as fogueiras de San Xoán e San Pedro só dará cobertura a aquelas acendidas entre as 7 da tarde e a 1 da madrugada das datas correspondentes (23-24 e 28-29 de xuño)

QUINTO.- Para a realización das fogueiras debe notificarse telefonicamente (982.124.002) ou por medio de correo electrónico (rexistro@concellodebarreiros.gal) ata o día anterior á realización da fogueira ás 14 horas para a súa comunicación ao Distrito Forestal correspondente. Esta comunicación non será válida no suposto do punto primeiro, para o que serán precisas solicitude e autorización por escrito, ao tratarse de eventos.

SEXTO.- A persoa organizadora que comunique a realización será a responsable de que se cumpran as indicacións anteriores.


Documentos:

 Bando fogueiras 2024

 

Ficheiros: 

20240606_publicacion_bando_bando_fogueiras_2024.pdf

Bando fogueiras 2024

Media Folder:

  • Media Root

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
O MERCADIÑO NA PRIMAVERA DE BARREIROS VOLVEU ENCHER UNHA EDICIÓN MÁIS A PRAZA DO CONCELLO
CAMPAMENTO DE VERÁN 2025
OS CONCELLOS DE BARREIROS, TRABADA E LOURENZÁ ESIXEN Á XUNTA QUE CUMPRA COAS AXUDAS PROMETIDAS PARA O SECTOR DA FABA
BARREIROS CELEBRA ESTE DOMINGO O MERCADIÑO NA PRIMAVERA CUN COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA TODA A FAMILIA
Xabier Díaz, Lagharteiras e Traspielas, entre as primeiras confirmacións das III Xornadas Etnográficas da Mariña

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte